Vilardevós coñecerá a tese lingüística pioneira de Eloy Luis André
PSICOLOXÍA MODERNA
A Casa da Cultura de Vilardevós acollerá a presentación do libro “As curvas melódicas da fala”, sobre a tese de Eloy Luis André
A presentación terá lugar este sábado, ás 19,00 horas, e a obra analiza a tese realizada na Universidade de Leipzig entre 1910 e 1911 polo filósofo, pedagogo, e escritor Eloy Luis André.
O seu estudo pioneiro sobre a melodía da fala en diversas linguas, incluída a galega, plasmouse en fonogramas que representan graficamente o son de cada idioma.
Nado en Mourazos (Verín) en 1878, André criouse non obstante en Vilardevós, onde ten unha rúa ao seu nome no lugar no que se asentaba a súa vivenda familiar, que ardeu trass un incendio o pasado setembro.
A edición do libro, asinado por Aurora Prieto, Patrick Feaster, Xosé Ramón García Soto, Miguel Losada e Vicente R. Justo, foi posible grazas ao apoio do Concello de Vilardevós, que tamén organiza o acto.
Este libro, que foi presentado por vez primeira nun congreso de psicoloxía nacional en Valencia, busca “reescribir a historia da psicoloxía en España, xa que foi Eloy Luis André quen introduxo a psicoloxía moderna aquí, e o seu estudo foi o primeiro feito por un español”, asegura un dos autores, Vicente Justo, director da biblioteca de Verín.
Participantes
Na presentación intervirán o psicólogo clínico Xosé Ramón García Soto, que falará sobre “Psicoloxía: Ciencia, reforma e cambio social”; o xornalista, escritor e expresidente da RAG, Víctor Freixanes, que tratará sobre a recuperación histórica da figura de Eloy Luis André, e Vicente Justo, polo seu labor como responsable do rescate e recuperación do manuscrito orixinal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EVACUACIÓN MILITAR ESPAÑOLA
Llegan a España más de 200 militares evacuados de Irak por la guerra en Irán
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"