TRES DÍAS DE ACTIVIDADES
Circo no Camiño pecha en Verín cun cheo total
FEIRA TEMÁTICA
O Parque da Preguiza de Verín converterase unha vez máis nun auténtico biergarten alemán grazas á celebración da V edición da Feira da Cervexa, un evento xa clásico na programación de outono na comarca, e que se desenvolverá os vindeiros días 10 e 11 de outubro.
Esta cita contará novamente cun amplo programa de actividades lúdicas e gastronómicas, ofrecendo un espazo de encontro no que cervexeiros nacionais e internacionais, establecementos de restauración e foodtrucks achegarán aos verinenses e visitantes unha variada proposta de sabores e estilos.
O horario de funcionamento será de 18,00 a 02,00 horas. Durante esas dúas xornadas, o recinto do Parque da Preguiza converterase nun punto de ocio, convivencia e dinamización económica.
As persoas e entidades interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 29 de setembro de 2025, a través da sede electrónica do Concello. O prazo poderá ampliarse sempre que haxa espazos dispoñibles. O custo da participación varía segundo o sector.
Para máis información, pódese contactar coa Oficina de Desenvolvemento Local (ADL) en adl@verin.gal ou nos teléfonos 988 410 000 e 691 575 225.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES DÍAS DE ACTIVIDADES
Circo no Camiño pecha en Verín cun cheo total
RECURSOS NATURALES SOSTENIBLES
Manuel Vázquez, presidente de Aguas de Sousas: “Proteger el agua es una responsabilidad continuada y debe ser compartida”
DOS OPERACIONES SUSPENDIDAS
El quirófano de Verín encadena cancelaciones por la presencia de insectos
HELICÓPTEROS Y PASAMONTAÑAS
La falsificación vuelve a poner en alerta a Xinzo y Verín: "Outra vez pola roupa?"
Lo último
FILTRACIÓN DE INFORMACIÓN
Un ciberataque golpea a la Comisión Europea y pone en riesgo los datos personales de sus empleados