O Chivite de Verín, premiado polo seu labor contra o acoso escolar
TITORÍAS ENTRE IGUAIS
O instituto Xesús Taboada Chivite de Verín vén de ser recoñecido pola Xunta polo seu programa "ChiviTEI" en contra do acoso e a favor da inclusión escolar
O Instituto de Educación Secundaria (IES) Xesús Taboada Chivite é o único ourensán en ser recoñecido pola consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos primeiros premios “Tolerancia cero fronte ao acoso escolar”, nos que acadou o segundo posto na categoría de Secundaria, dotado con 4.000 euros.
A Xunta salienta así o compromiso e o traballo realizado por oito centros contra o acoso e a mellora da convivencia nas institucións educativas no curso anterior.
O Chivite desenvolve dende o 2016-2017 o Programa de convivencia institucional TEI (“Titorías Entre Iguais”), creado por Andrés Bellido e que implica a toda a comunidade educativa, co fin de mellorar a integración escolar, creando un centro inclusivo e non violento. Na práctica, os estudantes de 3º ESO convértense en titores emocionais dos de 1º ESO.
Isto deu como resultado o programa ChiviTEI, do que 20 mestres, o 37% do profesorado, formou parte activa e con implicación o pasado ano. Neste curso son 27 docentes, máis do 50% do claustro, os que participan na creación de actividades propias do centro e na súa realización mediante un proceso deseñado ao inicio de cada curso escolar.
“Creación de vínculos”
Para o director do IES, César Sánchez, non existe unha “variña máxica” para deter nin o acoso, nin a “existencia de conflitos que perturben a convivencia”.
Malia todo, considera que grazas á ferramenta que supón o ChiviTEI “simplemente con que unha alumna ou alumno saúde ou dea os bos días ao seu titorizado, xa é moito”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
Lo último