David Alonso, dentista: “Verín é o meu lugar de descanso para desconectar”
ENTREVISTA
Ao dentista David Alonso Álvarez (Ourense, 1989) chámano “o Vasco” en Verín e “o Galego” en Bilbao, onde leva toda a vida
Malia levar toda a vida en Bilbao, David Alonso Álvarez destila Monterrei alá por onde vai. Non obstante o pai é natural de Feces de Cima, en Verín, mentres que a nai é de Vilarello da Cota, en Vilardevós.
Ambos emigraron como tantos outros veciños da contorna ao País Vasco pero, cando chegou o momento do nacemento de seu fillo, desprazáronse a Ourense co fin de que David viñera ao mundo na comarca, arroupado pola súa familia.
Exerce como dentista na capital de Bizkaia, o lugar onde se criou e viviu toda a vida, pero fala un galego fantástico e aproveita cada pequena ocasión para viaxar de volta a Verín, o seu lugar no mundo.
Pregunta.Cada canto volve por Verín?
Respuesta.Dende que era cativo ata que fun maior pasei tres meses ao ano aquí. Agora polo traballo xa non podo pasar tanto, pero mes e pico si que paso, entre o verán, a Semana Santa, case dúas semanas polo Nadal e o Entroido, por suposto. Temos piso en Verín e, dende hai uns aniños unha casa, e outra en Vilarello.
P.No seu caso, non se pode negar que a terra tíralle moito.
R.É o meu lugar de descanso, o sitio onde podo descansar de verdade. En Bilbao ao final non desconecto de forma total como cando veño aquí. Vou pola rúa e vexo pacientes mentres que aquí, aínda que me coñece moita xente, non teño traballo, só ocio. Son un namorado da zona, da xente, de estar alí e xuntarme cos amigos e coa familia.
P.E nunca se planteou montar unha clínica en Galicia?
R.Si, de feito moita xente mo ten planteado. Pero véxoo máis de cara a cando me xubile, como fixeron meus pais. Polo de agora exerzo a profesión en Bilbao e a miña parella tamén vive alí. Pero sabe canto me tira Galicia e que vou querer acabar vivindo aquí.
P.Como bo verinense, é entroideiro.
R.Moito, aínda que non son Cigarrón. Dígoche máis, á miña “cuadrilla” vasca tamén a trouxen moitas veces, algúns ata coñeceron á súa parella, doutra vila vasca pero con orixe galega, en festas coma o Entroido ou a Batucada. Algún ano aloxei ata 14 amigos na casa.
P.Cales son as diferenzas entre a vida en Bilbao e Verín?
R.Sobre todo a tranquilidade. Eu de tódolos xeitos alí vivo nun barrio, que non deixa de ser como unha pequena vila onde nos coñecemos todos. De feito hai moitísimos galegos, sobre todo desta comarca. E teño pacientes aos que atendo en galego, eles agradéceno e eu tamén. Agora ademais Cabreiroá e os viños de Monterrei están por todas partes tamén en Bilbao, polo que é difícil non ter morriña. O certo é que alí moita xente coñece Verín grazas a min.
P.Cóntenos como é o seu día a día pola zona.
R.O certo é que non adoito espertar moi cedo (ri). Pero polo xeral ás tardes vou á piscina, ben sexa miña ou dun amigo, e despois á Praza Maior, cando xa cae o sol, a tomar unha cervexa. E tamén vou fóra, a distintos sitios da contorna a bañarme cos amigos, ou mesmo a Chaves. Non fai falta irse lonxe para ter moitas cousas atractivas que facer.
P.Que plans ten para este verán na comarca?
R.Vou ir improvisando, segundo me apeteza. Como teño moto, aproveitarei para percorrer a provincia. No meu calendario teño marcadas tanto a festa de Estevesiños como a Feira do Viño de Monterrei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNHA VISIÓN DE GALICIA
O fotógrafo Carlos Folgoso Sueiro será por fin profeta na súa terra, Verín
SORTEOS PARA CLIENTES
El comercio local de Verín recupera el concurso de escaparates
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?