TERCERA GENERACIÓN FAMILIAR
Pato Joyeros, tradición que se reinventa: "Temos moitas cousas que aportar"
ESCOLAS DE FRONTEIRA
Un total de 156 escolares de Primaria participaron este martes nunha xornada de convivencia e intercambio cultural en Verín. O CEIP Amaro Refojo exerceu de anfitrión para recibir aos alumnos do CEIP de Oímbra e do Agrupamento de Escolas de Vidago, unha freguesía da veciña cidade portuguesa de Chaves. Esta actividade forma parte do programa Escolas de Fronteira que promove a Xunta devolvendo así a visita que os verinenses realizaron a terras lusas o ano pasado.
Coa colaboración da Eurocidade, a xornada estivo enfocada en achegar aos rapaces á riqueza termal e histórica de Verín. Tras visitar o centro, os rapaces fixeron unha ruta polos balnearios históricos de Fontenova e Cabreiroá. No parque deste último manantial compartiron xantar e participaron en xogos deseñados co fin de que cativos galegos e portugueses interactuasen, sumasen experiencias e estreitasen os seus vínculos.
Actualmente, os escolares do Amaro Refojo atópanse gravando unha canción e fan cada semana un “telexornal” enfocado na ruta das augas de Verín. Todo este traballo e as experiencias integradoras dos seus tres anos como Escola de Fronteira serán presentados proximamente nunha xuntanza en Zamora.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERCERA GENERACIÓN FAMILIAR
Pato Joyeros, tradición que se reinventa: "Temos moitas cousas que aportar"
I GALA PREMIOS AO COMERCIO
Verín premia o traballo do comercio de proximidade
CITA CONSOLIDADA
Verín une comida y cerveza en su particular Oktoberfest
Lo último