SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
FAKE NEWS
Baixo o lema “A verdade nunca foi tan fráxil”, o cartaz do FIC obra da artista Patricia Portela, de The Office Comunicación, amosa un “erro” dun sistema informático sobre a icónica man que sostén a antorcha da Estatua da Liberdade de Nova York, símbolo universal da liberdade e da verdade como luz que guía, convidando a reflexionar sobre “a erosión da verdade nunha sociedade cada vez máis sometida ao ruído dixital e á desinformación”.
“A metáfora é clara: ese sistema que debía protexer a verdade colapsa diante do bombardeo constante de falsidades”, explica a deseñadora, que engade que “a verdade, pilar fundamental de calquera sociedade libre, está a sufrir unha fonda devaluación nun mundo saturado de información e dominado polas fake news”.
Segundo Portela, esta proposta visual e textual, que destaca polo uso predominante do ton vermello, “asociado co perigo, coa alarma e coa urxencia o que intensifica a sensación de vulnerabilidade”, pretende “sacudir conciencias e chamar á reflexión sobre a importancia de preservar a verdade como ben común, como base para construír unha sociedade realmente libre”.
Desde o equipo directivo do festival sinalan que a elección desta imaxe e temática non é casual. “Celebrar dez anos non é só mirar atrás, é interpelar o presente. O FIC Vía XIV sempre defendeu o cinema como ferramenta para pensar o mundo, e nesta edición facémolo poñendo o foco no valor, hoxe máis ameazado ca nunca, da verdade”, indica Jorge Godás, responsable da área de Creatividade do festival.
As curtametraxes a concurso nesta edición xirarán arredor desta mesma temática, abrindo espazos para cuestionar, expoñer e iluminar as zonas escuras da realidade contemporánea.
Nas vindeiras semanas iranse anunciando as actividades paralelas que completarán un programa pensado para celebrar o cinema e a cultura “como ferramentas de pensamento crítico e transformación social”, sosteñen dende o FIC.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
DURANTE UN CONTROL
Buscan a una conductora fugada en Verín tras arrastrar a un guardia civil
INVESTIGACIÓN ABIERTA
Encuentran el cuerpo sin vida de un hombre en el río Támega, en Verín
SERVICIO NECESARIO Y EN AUGE
Migrantes y comarcas vecinas impulsan los nacimientos en el hospital de Verín
Lo último
PADRE E HIJA EN LA MISMA MISIÓN
Felipe VI y la princesa Leonor protagonizan su primer vuelo juntos en Murcia a bordo de dos Pilatus PC-21