ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
UNHA VISIÓN DE GALICIA
Despois de ser exposta en lugares como o museo do Hermitage de San Petersburgo, baixo a ponte de Brooklyn en Nova York, na Somerset House de Londres ou na Filmoteca de Galicia, e en cidades como París, Limasol, Santander ou Lugo, a mostra “Alén do lago” do fotógrafo verinense Carlos Folgoso Sueiro poderase desfrutar na súa vila natal a partir deste sábado.
Esta “viaxe visual e simbólica pola Galicia máis profunda”, a través de imaxes de gran forza estética e narrativa, recibiu no último ano e medio distincións como o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un Sony Award, o Vital Impacts, o International Photography Award ou o Marco Pesaresi.
Para o fotógrafo, expór na casa supón “un orgullo tremendo”, e agradece a aposta “do Concello e da asociación Vía XIV”. El é o primeiro sorprendido pola “incrible acollida que está tendo esta mostra, un proxecto pausado e algo distinto no que aínda estou a traballar, e que me está abrindo moitas portas”.
Folgoso Sueiro traballou máis de dez anos como fotoxornalista en Italia e Rusia, cubrindo acontecementos como a traxedia de Lampedusa ou o relevo papal de Bieito XVI a Francisco para os xornais e as revistas máis prestixiosas do mundo.
As fotografías desta últma mostra teñen como protagonista o noso país, cun percorrido a través de personaxes e lugares, como a aldea de Aceredo, somerxida polo encoro de Lindoso, pero tamén escenas como a Rapa das Bestas de Sabucedo.
Esta exposición fotográfica está organizada polo Concello en colaboración coa asociación Vía XIV. A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira, salienta que “é unha mostra máis da firme aposta do Concello de Verín polo talento local, neste caso un exemplo profesional que conseguiu proxectarse a nivel internacional sen perder o vínculo coa súa terra”.
O acto de inauguración oficial da mostra terá lugar este sábado 20, ás 20,15 horas, na sala de exposicións municipal. Intervirá o autor xunto co comisario da exposición, Mark Zlick, fotógrafo e director creativo. Ademais haberá tamén bebida e comida, cortesía da organización do evento. A partir dese día, “Alén do lago” poderase visitar ata o 31 de xaneiro, de luns a venres, de 10,30 a 14,30, e de 16,00 a 18,30.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último