DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
AGORA ESTREA "MAMMA MIA!"
Un ano máis, e xa van 13, a inesgotable canteira de intérpretes do Chivite de Verín estreou un novo musical. Os “Chivititeiros” plantáronse no escenario dun ateigado salón de actos para amosar o froito de todo un ano de ensaios e sacrificios no tempo de lecer de alumnos e profesores, unidos pola maxia que desprende o teatro.
O director do centro, César Sánchez, tomou a palabra antes de subir o telón para salientar a evolución dos musicais escolares, pero mantendo a súa finalidade: “Crear comunidade, cun proxecto de centro inclusivo, diverso e con valores”. Engadiu que os estudantes son “os verdadeiros protagonistas”, mentres que a fonte de imaxinación provén de “David (Rivada) e Isabel (Cota), os auténticos artífices”.
Foi o propio Rivada, autor do libreto, quen explicou que este ano o equipo debateu a posibilidade de tomar un “descanso creativo” debido ao esgotamento acumulado tras enlazar dous musicais orixinais seguidos, “Mil estrelas, musical de musicais” e “Disneyland D’eiquí”. Por sorte optaron por regresar a “Mamma Mia!”, nunha edición con numerosos cambios, cancións adaptadas ao galego por Isabel Cota, coreografías novas de Helena Pousada e Elisa Álvarez, e a colaboración da banda do Conservatorio.
Para os espectadores que xa viran o filme, este “Mamma Mia!” parte da mesma premisa, pero a acción trasládase ao Hotel Maruxa, na illa de Ons. Baixo ese pretexto, estudantes de ESO e Bacharelato actúan, cantan e bailan durante dúas horas ao son dos clásicos de ABBA, acompañados polo coro de mestres e alumnos, e con Rivada ao piano. Ademais, non falta ningún dos sinais de identidade das producións do Chivite, como son as numerosas referencias á comarca de Monterrei e outras adaptacións culturais cheas de retranca, xunto a unha constante rotura da cuarta parede.
Subidos sobre o escenario, tódolos alumnos participantes brillaron por igual e tiveron a oportunidade de amosar o seu talento innato coa excusa desta obra coral. O público vibrou con eles e desfrutou dunha nova mostra da capacidade transformadora e evasora do teatro, por moi estudiantil que sexa. Trala dobre sesión no instituto, o Chivite aínda ten por diante dúas sesións no auditorio, este venres e sábado, ás 20,30 horas. E tras esta semana comezarán a cargar as pilas para o ano que vén, no que xa avanzan que… “The Show Must Go On”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCARTAN EL CIERRE
Desacuerdo político por la gestión del Hospital de Verín
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima