MÚSICA Y DIVERSIÓN
Galería | La batucada de Verín llena las calles de compás
PREMIOS A NIVEL GALEGO
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín vén de ser distinguido co recoñecemento As Meninas 2025, que dende 2018 outorga cada ano a Delegación do Goberno en Galicia a persoas e entidades comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero.
O Chivite recibiu o galardón polo seu proxecto educativo, que pon o foco na convivencia, o respecto e a prevención da violencia, a través de programas pioneiros como o ChiviTEI (Titorías Entre Iguais). Esta iniciativa, que involucra a toda a comunidade educativa, fomenta un ambiente escolar inclusivo e non violento, impulsa o empoderamento do alumnado e prevén situacións de acoso e ciberacoso.
Xunto ao centro verinense, tamén foron recoñecidos a ONG ACCEM Galicia, a Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo, a Deputación da Coruña e a decana da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, Enma Torres-Romay.
Ademais, concedéronse seis mencións honoríficas e unha distinción especial á xornalista Tareixa Navaza pola súa traxectoria a prol da igualdade nos medios. O delegado do Goberno, Pedro Blanco, anunciou o fallo do xurado, e destacou o labor dos distinguidos como exemplo de “unha Galicia feminista, que rexeita o machismo e loita pola igualdade en todos os ámbitos”.
A entrega dos premios terá lugar o 21 de novembro no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, coincidindo cos actos previos ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÚSICA Y DIVERSIÓN
Galería | La batucada de Verín llena las calles de compás
DEL 7 AL 9 DE AGOSTO
Santiago de Compostela acoge la puesta de gala de la XIX Feira do Viño de Monterrei
MÚSICA Y DIVERSIÓN
Verín celebra con bailes y agua que la batucada también es cosa de niños
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo 26 de julio