O instituto Chivite de Verín repite como escola mentora do Parlamento Europeo
O ÚNICO OURENSÁN
O centro de Verín, embaixador do Europarlamento, reforza o seu liderado en internacionalización e coordinará novas actividades sobre cidadanía e valores comunitarios nas aulas
O instituto Xesús Taboada Chivite de Verín revalida o seu compromiso europeo participando, por segundo ano consecutivo, como escola mentora do Parlamento Europeo. A vicedirectora Josefina Pérez representou ao centro, único embaixador do Europarlamento na provincia, nunhas xornadas na Universidad de Alcalá de Henares.
A cita permitiu deseñar as liñas de traballo para este curso e crear redes de cooperación con institutos de todo o Estado. Con esta iniciativa, o centro verinense -tamén acreditado nos programas Erasmus+ e eTwinning- reforza a súa liña de internacionalización para seguir promovendo os valores e a cidadanía europea dende as aulas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ACCIDENTE LABORAL
Dos heridos graves tras ser atropellados por una máquina en Cualedro
SIN DAÑOS PERSONALES
Un incendio en la cocina de una vivienda de Mariñamansa moviliza a los bomberos