COOPERACIÓN SUPRANACIONAL
A Eurocidade Chaves-Verín, unha entidade que serve de inspiración para Ucraína
COOPERACIÓN SUPRANACIONAL
A Eurocidade Chaves-Verín vén de recibir na súa sede en Feces de Abaixo a unha delegación procedente de Ucraína, integrada por representantes da rexión de Zakarpattia, fronteiriza coa Unión Europea, e dos municipios de Dovhe, Kolochava e Yasinia.
Esta visita á capital da comarca desenvolveuse ao abeiro dun programa europeo que busca o intercambio e o reforzo das capacidades institucionais das administracións locais e rexionais ucraínas. A xestión e execución deste programa corresponden ao Inorde, sendo a Deputación a entidade anfitrioa. A iniciativa tamén conta co apoio do Comité Europeo das Rexións e de U Lead with Europe
Os membros da delegación puideron coñecer a realidade da libre circulación entre Portugal e España e a ausencia de controis nas fronteiras do espazo Schengen, así como a experiencia da Eurocidade como Agrupación Europea de Cooperación Territorial. Neste senso, amosaron o seu interese neste modelo coa fin de avaliar a posible creación dunha estrutura similar no seu propio territorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COOPERACIÓN SUPRANACIONAL
A Eurocidade Chaves-Verín, unha entidade que serve de inspiración para Ucraína
RENOVACIÓN TOTAL
El PP regresa al pleno de Verín tras un mes sin representación
Lo último