O interese por aprender a elaborar o Cigarrón esgota nun día as prazas do seu obradoiro en Verín
ENTROIDO
O Concello de Verín cobre en menos de 24 horas as 44 prazas ofertadas para aprender a confeccionar a careta e o traxe do Entroido verinense
A paixón polo Entroido en Verín e a súa figura protagonista segue moi viva, como demostra a gran resposta á convocatoria da nova edición do Obradoiro do Cigarrón. En apenas un día dende a apertura de inscricións este mércores, esgotáronse tódalas prazas que o Concello puxo a disposición da veciñanza, un total de 24 para aprender a elaborar a careta tradicional e outras 20 destinadas á complexa confección do traxe.
Esta iniciativa educativa municipal, cuxas clases darán inicio o vindeiro 5 de outubro na Casa da Xuventude e estenderanse ata o Xoves de Compadres -28 de xaneiro de 2027-, naceu en 1997 co fin de preservar os saberes artesanais do gran símbolo da maior festa da vila.
Dende o Concello agradecen a “gran acollida cidadá”, unha resposta que atribúen ao “interese por aprender os oficios e técnicas tradicionais vencellados ao Cigarrón”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COOPERACIÓN SUPRANACIONAL
A Eurocidade Chaves-Verín, unha entidade que serve de inspiración para Ucraína
Lo último