PRIMEIRA EDICIÓN
A novidosa gala do comercio local de Verín xa ten nominados
PRIMEIRA EDICIÓN
Os I Premios ao Comercio de Verín, organizados pola asociación Aever, xa teñen finalistas para a gala de entrega, que terá lugar este venres 2 no Auditorio. O evento recoñecerá o traballo dos negocios locais mediante un galardón honorífico e cinco categorías competitivas.
O xurado, con representantes sectoriais e institucionais, decidiu que os tres aspirantes seleccionados para o premio á Renovación son Pato Joyeros, Modas San José e Xoguetería Kuqui. No eido do Compromiso coa Comunidade, os finalistas son Clínica Veterinaria San Roque, Xamonería Martínez e Chabela Regalos; mentres que no apartado de Novo Comercio optan ao galardón Tatiana Estética Avanzada, Marise Salgado e As Pescadeiras. A listaxe complétase con Abeloura Boutique, Xamonería Martínez e UnoUno (Innovación); e Coco Shoes, Santiveri e a Clínica Veterinaria San Roque (Comunicación).
A actriz Iria Sobrado conducirá unha gala que contará tamén coa música de Mr. Cool. O evento é gratuíto e ofrecerá pinchos e un sorteo de cruceiros entre os asistentes. As invitacións xa se poden recoller na sede de Aever e no propio Auditorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMEIRA EDICIÓN
A novidosa gala do comercio local de Verín xa ten nominados
MALESTAR VECINAL
Tráfico pesado en una rúa de Verín: “É que non durmimos”
COOPERACIÓN SUPRANACIONAL
A Eurocidade Chaves-Verín, unha entidade que serve de inspiración para Ucraína
Lo último