O patrimonio relixioso da Tamagania, recompilado en dous novos libros
PRESENTACIÓN
Bruno Rúa regresa á biblioteca de Verín para presentar dúas obras que recollen patrimonio da comarca
O divulgador e investigador verinense Bruno Rúa presentará no salón de actos da Casa da Cultura as súas dúas novas obras, “Igrexas e mosteiros” e “Capelas, ermidas e santuarios”, que afondan no patrimonio relixioso e cultural da comarca da Tamagania. O acto, organizado pola biblioteca de Verín, terá lugar o vindeiro xoves, 16 de abril, a partir das 19,30 horas, e está aberto a toda a veciñanza ata completar aforo.
As publicacións de Rúa nacen coa vontade de ofrecer unha visión completa e rigorosa dos distintos tipos de templos presentes na comarca, estruturando o traballo en dous volumes diferenciados que responden a enfoques e realidades distintas.
O autor tamén recompila neste volume historias, lendas e descricións que permiten comprender a evolución e significado destes enclaves ao longo do tempo. A través destas dúas obras, Bruno Rúa ofrece unha completa panorámica do patrimonio relixioso da Tamagania, contribuíndo á súa divulgación e posta en valor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLO DE EMPRENDEMENTO DE VERÍN
Emprender en Monterrei, una apuesta por su potencial
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
Lo último
OBJETIVO LOGRADO
El Antela sumó un punto en Baltar y disputará el play off (0-0)
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
La orina chivata
Víctor González
Marty