SENTENCIA JUDICIAL
Condenado por agredir a otro hombre en Verín tras llamarle “moro de mierda”
MOBILIZACIÓNS
Un cento de profesionais e veciños concentráronse este mércores fronte ao Hospital de Verín nunha mobilización convocada pola Comisión Delegada e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei, que anunciou unha manifestación o 1 de agosto para denunciar o “deterioro da asistencia sanitaria” na comarca.
Os convocantes sosteñen que a situación “continúa agravándose” e aseguran que a xerencia rescindiu o contrato dunha facultativa de Medicina Interna o pasado 1 de xullo, o que, segundo afirman, provocou a dimisión do xefe da sección e dificulta o seguimento dos doentes de coidados paliativos. Os colectivos denuncian a “sobrecarga asistencial” e a “precariedade laboral” e chaman á cidadanía a participar nas concentracións dos mércores, ás 12.00 horas, para frear o que cualifican de “desmantelamento progresivo” da sanidade.
A Área Sanitaria insiste en que se “deixe de facer política coa sanidade pública” con afirmacións que, asegura, “non responden á realidade asistencial nin organizativa” do centro. Sostén que Medicina Interna mantén o seu cadro de persoal ao “100%” e nega que se producise despedimento algún, ao indicar que a facultativa trasladouse voluntariamente a outro centro da área cunha praza indefinida.
A dirección afirma tamén que non lle consta a renuncia do responsable da sección e subliña que “en ningún caso un profesional pode unilateralmente recortar a carteira de servizos”, en referencia aos coidados paliativos. Ademais, destaca que o hospital continúa ampliando prestacións e que a Hospitalización a Domicilio comezará en setembro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SENTENCIA JUDICIAL
Condenado por agredir a otro hombre en Verín tras llamarle “moro de mierda”
CUARTA BAJA EN LA SEMANA
Dimite la última concejala del PP en Verín y el partido renovará por completo su grupo municipal
TERCEIRA RENUNCIA
A número tres do PP de Verín tamén entrega a acta de concelleira
Lo último
Chito Rivas
120 quilómetros sen motores
Víctor González
Pelo Felipe
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 24 de agosto
CRISIS MIGRATORIA
Feijóo pide confinamiento de migrantes enfermos en Ceuta