MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O Partido Popular de Verín lamenta a perda de “máis dunha decena” de programas de carácter social baixo a xestión do actual goberno local do PSOE e BNG, iniciativas municipais “fundamentais” durante anos para favorecer a “formación, inclusión e axudar na conciliación laboral e familiar”.
Os populares refírense nomeadamente a servizos coma os almorzos saudables, actividades para cativos e o reforzo educativo, así como cursos de alfabetización dixital, obradoiros de memoria e programas de acompañamento psicolóxico e asesoramento xurídico para inmigrantes, entre outros.
Dende a única forza da oposición na vila apuntan como motivos principais desta perda á “falta de xestión” do Concello, e sinalan que este ano non solicitou axudas da Xunta destinadas especificamente á inclusión social. Malia que o goberno autonómico dispón de máis de 4 millóns de euros para estes fins os populares, critican que Verín quede fóra da convocatoria por “non ter solicitado” ningunha subvención ao longo do proceso.
A concelleira de Servizos Sociais, Rosario Rodríguez, afirma que o PP “non ten coñecemento das liñas de actuación dos servizos sociais municipais”, e acúsaos de “mesturar subvencións para entidades sociais coas destinadas ás entidades locais”. Nese senso, afirma que o Concello “ten concedidas para 2025-2027 unha axuda para a poboación xitana de 89.040,96 euros e outra para poboación inmigrante por valor de 51.959,96 euros”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE 20 CALLES
Verín invertirá un millón en asfaltar sus vías principales
PREMIOS DE AEVER
Una nueva gala premiará la labor del comercio local de Verín
Lo último