CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
CURTAMETRAXE
O CEIP Princesa de España de Verín resultou gañador na categoría de segundo ciclo de Educación Infantil da nova edición do concurso de curtametraxes de animación “Nós tamén creamos”. Os vinte alumnos da clase de 6º de Infantil foron recoñecidos por “A mellor sopa do mundo”, o seu traballo audiovisual realizado en formato “stop-motion”, na entrega de premios que tivo lugar onte en Santiago de Compostela. O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen destacou a “calidade e creatividade” dos proxectos presentados.
Esta é a segunda ocasión na que o centro de Verín participa neste certame impulsado pola Xunta, cuxo obxectivo principal é promover o uso da lingua galega a través da creación de pezas de animación desde a infancia, e no que participaron 18 centros de toda Galicia.
Os pequenos creadores recibiron dous lotes de libros, un diploma e un pequeno trofeo. Mariam Tierno, directora do Princesa, amosa a súa enorme “satisfacción”, e salienta o labor da profesora de Música e coordinadora do Polo Creativo, Belén López, quen guiou aos pequenos ao longo de todo o proceso de creación artística.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último