ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
DESFILE DE ENTROIDOS
O Concello de Verín informa da apertura dun prazo de inscrición, ata o 31 de xullo, para participar no tradicional Desfile de Entroidos de Interese Turístico en Santiago de Compostela, o vindeiro 6 de setembro.
Os entroideiros interesados deberán formalizar a súa inscrición presencialmente na Oficina de Turismo da vila, en horario de luns a venres, de 9,30 a 14,00 e de 17,00 a 19,00 horas.
Cada grupo de Entroido de cada concello poderá inscribir un máximo de 35 participantes, e a participación estará suxeita á orde de inscrición ata completar as prazas dispoñibles. A Oficina de Turismo informará do lugar e hora de recollida de todos os participantes.
O día do desfile, tódolos os grupos deberán estar preparados na Praza do Obradoiro a media mañá, dende onde iniciarán o percorrido pasando por rúas emblemáticas como a rúa do Vilar, a Praza do Toural ou a rúa Nova, ata ao Obradoiro.
Cada grupo deberá contar cun portaestandarte que levará o cartel co nome do Entroido e do concello que representa, e tamén designar a dúas persoas encargadas de repartir os trípticos facilitados por Turismo de Galicia.
O Concello de Verín anima a tódolos entroideiros a participar nesta actividade de grande proxección cultural e turística o Entroido verinense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARTESANÍA E ALIMENTACIÓN
9 de cada 10 expositores volverían acudir á Feira do Lázaro en 2027
"NON TEÑEN COÑECEMENTO"
O PP de Verín critica a perda de diversos servizos sociais
NUEVO COMPLEJO ASISTENCIAL
La residencia de mayores de Verín en Caldeliñas abrirá en 2028
ACTIVIDAD AMBIENTAL EN VERÍN
Plantando semillas de futuro en el Pozo do Demo, en Verín
Lo último