DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana
QUINTA EDICIÓN
O Concello de Verín celebra este venres e sábado a V edición da Festa da Cervexa, un evento centrado nesta popular bebida que ofrecerá máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará con postos cunha variada selección gastronómica e música en directo.
A feira celebrarase na zona verde da Preguiza, nunha carpa que acollerá os postos de bebidas e alimentación en horario de 18,00 a 02,00 horas ámbolos dous días.
O concelleiro de Feiras, Transporte e Xuventude, Manuel Lorenzo, asegura que esta festa é xa unha das citas de referencia no calendario de outono da vila do Támega, tras reunir na pasada edición a máis de 5.000 asistentes. “Este ano queremos manter ese nivel de participación con propostas para tódolos gustos”, sinalou.
A nivel gastronómico, Lorenzo destacou que “haberá uun total de 12 postos, 10 no interior e dous no exterior, cunha oferta variada pensada para acompañar a cervexa: dende propostas clásicas como chourizos ou salchichas, ata elaboracións como hamburguesas, polbo, codillo empanadas ou gofres e crepes caseiros”.
A cita cervexeira contará tamén con animación musical en directo no interior da carpa, cun programa preparado pola área de Turismo, Cultura e Festexos do Concello que lidera a concelleira Samanta Barreira. O venres, ás 00:00 hroas, terá lugar a actuación de Los Tresillos, un trío compostelán de versións de power pop-rock.
O sábado, tamén ás 00:00 horas, será a quenda da agrupación En Mala Hora Rock & Roll Band, unha agrupación musical ourensá que versiona tanto temas coñecidos como pequenas xoias esquecidas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Lo último