PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Verín reforzará a seguridade nos días grandes do Entroido
ENTREVISTA
Tras traballar como pintor e decorador de vivendas, coa xubilación Manuel Fornos retomou unha das súas grandes pasións, a pintura, un campo artístico no que leva 50 anos amosando o seu estilo, con referencias a mitos locais como o Castelo ou o Cigarrón.
Este luns, 4 de agosto, ás 19,00 horas, inaugura unha nova mostra con 36 obras na sala de exposicións municipal, onde permanecerá aberta ata o 22 de agosto. O horario será de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 19,00 horas, de luns a venres.
Pregunta. Para quen non o coñeza, cóntenos un poco da súa vida.
Respuesta. Nacín no seo dunha familia con oito irmáns no casco histórico de Verín. Concretamente na rúa Travesa 37, coñecida como “rúa dos artistas”, onde tamén viñeron ao mundo Xosé Rivada, Xosé Carlos Caneiro ou Dona Elena, a Raíña do Entroido. De neno fun “traste” e inquieto, e con 16 anos quedei orfo de pai. Miña nai, que foi unha muller moi loitadora e traballadora (emociónase) fartouse de facer roscóns, lavar roupa e demais para sacármonos adiante. En definitiva, foi unha vida dura e humilde, pero éramos unha piña, e en casa tivemos que axudar moi pronto con traballo. A esas idades pasei por varios oficios, un dos meus irmáns era escaiolista, e eu comecei a pintar casas e vivendas, polo que me fun afianzando naquilo que me daba sustento. Logo todos fomos casando e marchando, eu botei 45 anos vivindo en Albarellos e traballei por toda Galicia. Pero a xente de Verín apreciábanos moito e penso que aínda nos aprecian.
P. Cando e por que comezou a pintar artisticamente?
R. Tras casar pintei o meu primeiro cadro de xeito autodidacta, e á xente gustoulle. Tódalas miñas obras son en acrílico e en óleo. Pinto paisaxes e escenas de distintos lugares de Galicia, como unha rúa de Betanzos, a Praza do Ferro de Ourense, bodegóns, muíños ou o castelo de Monterrei.
P. En que se inspira a súa arte?
R. Fun un pintor de brocha gorda, pero eu sempre lin e gustoume a cultura e a arte. Inspírome en calquera cousa que vexo dende que esperto pola mañá, cadros doutros artistas, teño moi boa retentiva. Gústame moito o que escribe Jaime Noguerol, co que estudei no colexio dos Irmáns La Salle.
P. Como se mantén tan activo con 80 anos, tamén en redes sociais? É un home moi moderno.
R. Sintome coma un rapaz, non hai quen me quite a ilusión por pintar, cantar no coro, traballar a madeira, pola vida en xeral. Uso as redes para expresar os meus sentimentos, pero tamén realidades. Comparto moitas cousas que vexo e que reteño, e vese que algunhas gustan aos meus seguidores. Unha boa amizade de Celanova xa me dixo que escribira un libro sobre a miña vida, e teño ese proxecto en mente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
Verín reforzará a seguridade nos días grandes do Entroido
ACTUALIZACIÓN DEL CENSO
Verín suma tres años ganando vecinos y consolida los 14.000 habitantes
REUNIÓN CON AEVER
A Xunta redobla o seu apoio ao tecido do comercio local de Verín
Lo último