DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
A ciencia fala de ti a ti en Viana en "Pint of science"
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
O festival internacional “Pint of Science” chega por primeira vez a Viana do Bolo da man de Ana Diéguez, unha moza vianesa licenciada en farmacia que leva a ciencia e a súa terra por bandeira. O evento terá lugar o vindeiro 18 de maio no Bar Caracas e contará coa participación de Jonathan Castaño-Serna e da propia Ana Diéguez como poñentes.
Ambos son investigadores en activo e buscan achegar a ciencia ao rural nun ambiente próximo e distendido. “Por que a ciencia non pode estar nos bares?”, pregúntase a vianesa.
A iniciativa, nacida no Reino Unido e presente hoxe en numerosos países, celebrarase de maneira simultánea en distintas partes do mundo. Na provincia de Ourense, o festival terá actividades tanto na cidade como en Viana do Bolo, cumprindo así un dos grandes obxectivos de Pint of Science: levar o coñecemento científico ao entorno rural.
Investigadora postdoutoral e coordinadora local desta edición, Ana Diéguez explica que “moitas veces, as investigacións científicas que se desenvolven no rural dependen da colaboración directa da veciñanza. Persoas que responden enquisas, ceden mostras ou comparten información valiosa sobre o seu territorio e a súa forma de vida. Porén, en demasiadas ocasións, os resultados deses estudos nunca regresan á comunidade que os fixo posibles”. Por iso considera fundamental levar a cabo iniciativas desta índole que permitan “compartir o coñecemento xerado e facer partícipe á sociedade”.
Por suposto, a elección do emprazamento non responde a outra razón que ao forte vínculo persoal que Ana mantén con Viana do Bolo. “Estou a desenvolver parte da investigación do meu posdoutoramento aquí, en Viana, onde sempre quixen estar, a pesar de ter nacido en Madrid”, explica.
Aínda que ela está á fronte da iniciativa, agradece a colaboración de Gabi Rodríguez, Alba Zugasti, Sara Prieto e Pedro Basalo, mozos vianeses vinculados coa terra que apostaron por este proxecto, así como a de Jonathan Castaño-Serna e o Bar Caracas.
“Quen predí mellor se o algoritmo ou a avoa?” é o título da charla do limián Jonathan Castaño-Serna que achegará aos asistentes algunhas cuestións relacionadas coa pataca. Pola súa banda, Ana Diéguez mergullarase no fascinante mundo das abellas coa ponencia “Abellas en acción”. Finalmente, o evento culminará cunha cata de mel comentada por Beatriz Ríos Cebreiros, técnica do Consello Regulador da IXP Mel de Galicia.
Agora chega ata as terras do Bibei para ofertar unha tarde de curiosidade, aprendizaxe e diálogo na que a ciencia sairá dos laboratorios para sentarse arredor dunha mesa de bar e conversar de ti a ti coa veciñanza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
A ciencia fala de ti a ti en Viana en "Pint of science"
EN VIANA Y VILARIÑO
El XI ViBoMask llegará el 20, 21 y 22 a Viana y Vilariño
SONIDO EN LA BORRASCA
El Fulión Alternativo desafía la nieve y mantiene vivo el Entroido en Viana
Lo último
PISTAS PRÓXIMAS
La presencia de lobos alerta a los habitantes de Larouco
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Monte sin solución?
PRIMER ENTRENAMIENTO
Cándido Gómez, el nuevo técnico del Ourense CF: "Tenemos que morir matando"