Un nadal artesano e solidario en Caldelas
ACTIVIDADES NAVIDEÑAS
Castro Caldelas dá comezo este sábado, ás 17:00 horas, ao seu Nadal artesán e solidario, un evento que mestura tradición e maxia coa participación activa da comunidade.
Castro Caldelas dará inicio á celebración do seu nadal artesano e solidario, un evento que según explica a súa alcaldesa Sara Inés Vega, promete encher de maxia e tradición as rúas da localidade desde este sábado, a partir das 17,00 horas. Unha decoración feita a ganchillo, deseñada e organizada pola Asociación de Xubilados, cuxa inauguración contará cunha serie de actividades que resaltan a artesanía local e a solidariedade veciñal.
A tarde comezará coa descuberta da árbore de ganchillo no adro do Santuario dos Remedios, unha impresionante obra que simboliza o esforzo e a creatividade dos artesáns locais. Os adornos colgantes que decoran as árbores do parque tamén darán un toque á ambientación da vila, creando un entorno festivo.
Os asistentes poderán desfrutar dun paseo pola iluminación da Praza do Prado, e emprender o camiño ata o castelo, onde se atopan os 7 ananos gardiáns do castelo feitos tamén artesanalmente. Neste lugar emblemático, a decoración vexetal e as bolas de luz de ganchillo engadirán un toque de maxia ao ambiente.
A música será unha parte da celebración, co concerto “Alalás e Cantigas do camiño de Santiago” da cantante Uxía, Sergio Tannus e Germán Díaz, ás 18,30 horas na sala nobre do castelo. Para rematar a xornada de inauguración do nadal, os asistentes están convidados a unha merenda no local multiusos de Os Pilos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos