Ángel Suanzes: O lado máis persoal
Ángel Suanzes publica o seu primeiro poemario, "E se a memoria está na boca", no que recolle pensamentos e sentimentos, directos e sen censura. Poemas que se presentan como un xogo cunha frase final entre aspas coa que busca a conversa, e coa que convida a que cada lector remate a composición coa súa propia conclusión. Unha faceta diferente á que acostumamos ver deste xornalista experto en cine.
“E se a memoria está na boca” é o seu primeiro poemario, que o levou a escribilo?
A necesidade de comunicar algo que diariamente non se pode expresar, de falar de sentimentos dos que no día a día no xornalismo non falamos, de fuxir da obxetividade que nos invade. Todos debemos poder decir as cousas tal e como as pensamos, e coa poesía é posible ser subxetivo. Díxeronme que os meus poemas están espidos, son directos e claros. Eso é o que a mín me interesaba. Que amosaran o que tiña que decir.
Son poemas actuáis ou é unha escolma deses agochados dende a adolescencia en cartafoles?
Os que compoñen o libro son fai relativamente pouco tempo. De dous ou tras anos para acá. Os da adolescencia, mellor non miralos. Pero habelos, hainos… (risas).
Como xorde a súa poesía?
É algo que levo dentro e nalgún momento estoupa. Na rúa, nun bar… e entón toca coller o móvil. Son algo vago á hora de levar cadernos enriba, aínda que me encantan. Hoxe en día o máis socorrido é abrir a app de notas. A mayoría do libro está escrito así, aínda que logo hai un traballo posterior de selección e tamén para elexir un fío conductor.
Podemos ver neste poemario ao Ángel Suanzes máis íntimo?
Son poemas persoais, pero pasados por un baruto e peneirados. Hai que peneirar a información que sae de dentro para que permaneza o máis íntimo no fondo, pero dun xeito diluido. O resultado final é unha ficción da realidade.
Costoulle dar o paso de publicalos?
Moito. Hai algo de vergoña, de medo, de sentirse exposto ao que poida decir a xente… pero chegou o momento no que sentín que necesitaba dar o paso, tentalo. Nesa adolescencia da que falamos estaba o soño de ser escritor. Os soños mudan co tempo, pero seguen aí e poden espertar para cumplirse en calquera momento.
O titular “E se a memoria está na boca”, vén polo que se di pero tamén polo que se cala?
Creo que eu, máis ben, falo máis do que debería. O título forma parte dun dos poemas do libro e foi o resultado dunha labor da editorial Urutau e da correctora, Tamara Andrés. É o primeiro libro de poesías que fago e deixeime orientar por eles que son os que máis experiencia teñen. Pero si é certo que hai unha “néboa” presente en todo o libro que deixa aberto a que, dentro da crudeza e da realidade de cada poema, cada un poida chegar a súa propia experiencia.
E dentro do poemario, cada poema culmina cunha frase entre aspas aínda máis directa, se cabe.
Gústame pensar que semella algo así como un diálogo, sen que o lector saiba moi ben se é o mesmo narrador o que escribiu a parte máis clásica e tamén esa contestación. Unha contestación que é miña, pero que tamén queda aberta a que cada un teña a súa propia resposta. É plantexar a poesía como un xogo no que máis aló do que che está transmitindo e sintes, que tamén ti teñas capacidade para completar ese último verso.
Xornalista pegado á actualidade, a poesía supón para vostede unha evasión, un refuxio?
É unha búsqueda da verdade. Na poesía falamos dunha realidade que son sentimentos, sensacións, das que non se fala habitualmente, pero que fan que todo sexa máis real, aínda dentro da ficción. É tamén un xogo envolto en néboa… todo queda mesturado e diluido. E nese escenario é onde podes desenvolverte para buscar a túa propia verdade.
A palabra “néboa”, moi presente nesta conversa, tamén o está nas fotos que acompañan á poesía.
As fotos son esenciais no poemario e nelas todo tamén aparece como velado, para que cada lector chegue coas fotos a súa propia conclusión. Eu tiña o libro escrito e era consciente de que precisaba imaxe. Coas palabras é precioso chegar á xente, pero cunha imaxe vas máis alá. E descubrín as fotos de Clara Honorato a través de Instagram. Si, o meu vicio confesable. As fotos teñen unha mestura de delicadeza e optimismo que logran conmover e transmitir positividade, dentro da nebulosa do poemario.
A poesía ten esa etiqueta de xénero minoritario.
Por desgraza cada vez nos esforzamos menos en aprender aquelas cousas que nos parecen difíciles, e a poesía precisa de tempo e implicación, dous factores que requiren de esforzo. Como tamén o requiren as relación sociais, persoais… Temos todo feito e adquirimos ese hábito de que todo veña dado. Entendo que a xente non lea poesía. Agora ben, se tiveramos unha base educativa na que nos explicaran que para saber de algo hai que afondar, investigar, dedicalle tempo… seguramente leeríamos poesía. E tamén veríamos máis cine de autor, acudiríamos aos museos… Despois, todo é acostumarse. Se colles un poemario e non tes ese hábito, cóstache; pola estética, o xeito de romper as frases, os xogos de palabras… pero canto te acostumas, todo é máis sinxelo porque dalgún modo te estás educando para elo.
As redes sociais son hoxe en día un medio importante de difusión.
É tanto. Proba delo é que a primeira presentación do poemario será por Instagram o día 30. É fundametntal empergar unha ferramenta que temos a man e sacarlle un bo partido.
Non podemos deixar de lado ao Ángel Suanzes xunguido ao mundo do cine como xornalista e crítico. Que nos pode decir do cine galego destes últimos anos?
Estes anos tiven a sorte de vivir o estourido dunha xeración brutal de cinema galego. Unha evolución e un cambio histórico que fixo que gañase e se siga un camiño cara unha identidade. Rompéronse tabús co idioma, coa dirección feminina, cos contidos dos festivais… unha etapa de romper tabús que eu tiven a sorte de poder contar.
É Ourense cidade de cine?
Ten obviamente unha fonda pegada cinéfila. Eu levo anos reclamando que haxa un festival forte en Galicia, e Ourense podería ser o lugar axeitado. Tendo a cantidade e calidade de produccións que se fan no cinema galego, é necesario tamén ter un referente forte no noso país acorde ao momento que vivimos. O que non lle resta importancia nin valor a ningún dos festivais e mostras que hai por Galicia. O OUFF tivo a oportunidade de ser o buque insignia varias veces, pero a única vez que houbo valentía nos contidos non lle deron tempo para florecer.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último