Xacobe Pato: Un diario compartido e con poucos segredos
Xacobe Pato comezou a escribir o seu diario persoal en Instagram a modo de exercicio para manter unha rutina de escritura. Según pasaban os días e as publicacións, viu como o seu número de seguidores aumentaban e lle pedían máis. Un feito que fixo que acabase vendo a luz o seu primeiro libro “Seré feliz mañana”, un exemplar que acadou catro edicións e no que os lectores poden sumerxirse de forma sinxela, amena e directa. Agora, na súa mente está a publicación unha novela. Un cambio de registro no que non cambia relatar cosas persoais, pero dense a ficción.
“Seré feliz mañana” é o nome do seu primeiro libro, e parte, se non estou mal informada dunha especie de diario persoal.
Un diario persoal que compartía en Instagram, así que de íntimo e segredo como soen ser os diarios, pouco tiña (risas). E todo comezou pola miña falta de disciplina á hora de escribir. Pulicando nesta rede social, obrigábame en certo modo a ter unha rutina. Unha especie de “deberes”, xa que a escribir, se aprende escribindo. Así ía facendo un resumo semanal da miña vida, ata que a miña editora Begoña decidiu publícalo con Espasa.
Concretamente, que conta?
A miña vida, os meus amigos, familia, o que fago cada día, o que vexo…
E acabou enganchando a milleiros de persoas.
E a mín mesmo! Se non publicaba, sentía como se me faltase algo. No que atinxe a Instagram, foi sorprendente á vez que me deu un gran pulo para seguir escribindo. Cando vas vendo que o número de seguidores vai aumentando semana a semana, anímate e dache azos.
E supoño que tamén certo “respeto”.
Certamente pode volverse algo en contra. Ao principio tes a sensación de ter máis liberdade para escribir de calquera cousa e calquera persoa. Cando xa ten máis repercusión, empezas a notar a presión.
Non temeu en ningún momento “espirse” públicamente.
Cando comecei falaba de xente e cousas que existen. Co tempo empezou a pesar e convertéronse en persoaxes de ficción. Para poder falar con máis liberdade.
E eses seguidores en redes, convertéronse tamén en lectores do seu libro.
Penso que máis dun, si. Sairon catro edicións del e supoño que aí quedará. Xa pasou un tempo e tal como funciona o mercado das editoriais, toca sacar outro. Pero recoñezo que funcionou moi ben. Estou moi satisfeito.
E cun título ben curioso “Seré feliz mañana”. Porque non hoxe?
(Risas) O título parte dunha canción do grupo madrileño Carolina Durante, un verso que di que “seré feliz otro día”. Ven contando como a moza que ten o que compón a canción non é a mellor parexa, pero decide irse con ela, xa se verá no futuro, aínda que no presente non o convence moito. E iso entronca moi ben coa idea do diario que tiña. Ir contando cousas que igual non me facían moi ben no momento, pero eran divertidas.
Falaba tamén do mercado das editoriais, e vostede, como exlibreiro, sabe ben do que fala. Considérase afortunado?
Día a día chegan as librarías ducias de libros novos. Moitos deles valen a pena, pero pasan desapercibidos por falta de publicidade, marketing, ou por non estar “de moda”. E mira que na libraría sempre recomendábamos libros de autores descoñecidos, pero a xente resistese. Recoñezo que un dos meus medos á hora de que “Seré feliz mañana” vise a luz era ese. Vin tantos bos escritores que pasaron desapercibidos... E eu son dos que pensa que a miña labor como escritor non é só expresarme, senón tamén que chegue á xente. Así que me sinto afortunado de haber acadado catro edicións. Hai moitas veces que a mesma editorial ten cláusulas de que se non vendes certo número de exemplares, non publica máis. E os que non se vende, ou quedas ti con eles, ou os recollen e incluso os queiman.
Queimalos!
Soa así de cruel, pero é real. E nunca se sabe cal é o libro que vai funcionar e cal non. E, en certo modo, tamén é o bonito da literatura. Esa incertidume ante unha nova publicación.
E o seu, particularmente, porque cre que enganchou á xente?
Imaxino que se deron varios factores. Un deles é que ao ser un diario, a xente pode identificarse con situación emocionais, humorísticas… Outra das razón é que é un libro que vai cos tempos, para ben e para mal, no senso en que vamos “moi rápido” pola vida, con falta de concentración, e con moitas propostas de series, películas… e ler este diario permíteche non perder o fío. Podes retomalo un tempo despois, que non tes que exercitar a memoria para lembrar onde o deixaches ou que pasou.
Vostede, que partiu de Instagram, que aporta a escritores e á escrita este mundo de permanente conexión a redes sociais no que vivimos?
A principal vantaxe é que poder facer o que queiras pola túa conta, sen ningún tipo de filtro. Sen estar pendente de vender unha idea a unha empresa ou editorial. Isto mesmo é tamén o inconvinte. Ao non haber filtros, hai cousas que non merecen tanto a pena. Hai que buscar.
Dúas curiosidades. Unha que penso que os lectores tamén a terán, de cativo tiña un diario?
Si! E recoñezo que o levaba en segredo. Con 7 ou 8 anos agasallaronme na casa cun para que escribise o que pasaba pola miña cabeza. Tanto miña nai como miña irmá escribían, así que eu tamén comecei. E xa non parei! E aída os gardo con especial agarimo, sobre todo o primeiro no que escribía dos partidos de fútbol. Logo xa chegou a ficción e contaba que tiña unha moza moi fermosa…
A segunda curiosidade é a máquina de escribir que aparece recurrentemente no seu perfil de Instagram. É be fermosa!
É unha máquina heredada do meu avó, que non o coñecín, pero que estaba na casa da miña avóa e cando faleceu quedou para mín. Ao principio recoñezo que tentei empregala, pero non é o máis cómodo. Así que a incorporei a moitas das imaxes que publico e é un elemento decorativo máis.
Na súa mente xa bule sacar un novo libro?
Algo hai. Aparquei un chisco o dos diarios, por saturación, aínda que hai xente que me sigue pedindo que manteña eses escritos. E estou nunha fase de escribir unha novela, un cambio total de rexistro. Recoñezo que temo como pode saír. De igual non ser capaz de rematala, pero á vez é un momento ilusionante. Espero que sexa algo persoal, pero ficcionado que me permita máis liberdade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último