Félix de Martín, el arte de crear sombreros

EN CONFIANZA

Félix de Martín, nado en Boiro pero ourensán por amor, é o nome comercial tras o que se agocha Félix Pérez, un mozo que fala con paixón e orgullo do seu traballo: ser sombreireiro. Confesa que se pasaría o día falando de sombreiros, e da arte de crealos xunguindo materiais ata dar coa creación perfecta en que persoa e complemento se funden nun só. Do seu atelier saen tanto sombreiros para eventos concretos como para artes escénicas ou para grandes deseñadores nacionais e internacionais. A ilusión polo seu traballo e a súa motivación son o mellor aval de que levar un sombreiro de Félix de Martín é levar unha prenda única que pon o “acento” a un estilismo

Félix de Martín, el arte de crear sombreros
Félix de Martín, el arte de crear sombreros | Xesús Fariñas

Pregunta. Sombreireiro. Non pode menos que chamar a atención e ter certa intriga de como se chega a esta profesión. Cóntenos.

Respuesta. A ver, chegar a sombreiría sempre se chega de rebote. Non é algo que ti digas “quero ser sombreireiro”. A día de hoxe sería unha tolemia que un neno che dixese quero ser sombreireiro, e ata pode que o seu entorno se preocupase ante tal resposta. Persoalmente, na miña teima de querer facer algo artístico no meu futuro, ocorréuseme dicir que quería ser músico e comecei a miña carreira musical. Pero non puido ser, e a partir de aí fun buscando o meu sitio, o lugar onde quería estar e cheguei ao téxtil. No seu momento tiven unha tenda na Coruña destinada a persoas de talla non estándar, que non atopaban moda para elas. E, a partir de aí, xa non puiden separarme do sector, pero xa orientándome aos complementos, en concreto aos sombreiros. Así que comecei a formarme.

P. Como se forma un para ser sombreireiro?

R. En España é complicadísimo! Agora mesmo é algo máis chisco que cando eu comecei hai 20 anos. Daquela tiñas que atopar un taller que che deixara entrar nel para aprender, facer formacións curtas especializadas en pequenas técnicas xa que non había unha global… era moi complexo. A día de hoxe, coa consellería de Comercio e Artesanía de Galicia estánse desenvolvendo uns cursos en Santiago no que estamos formando a oito futuros profesionais.

P. Cando foi o momento que dixeches: “si, esto é o que quero”?

R. Desde o principio! Eu sempre tiven un sentido, unha sensibilidade cara cuestións artísticas, e vin que este oficio englobaba moitas das cousas que me gustaban: tiña que desenvolver, moi técnico, as cuestións das cores, materiais… Vestir unha cabeza é algo bastante complexo, e para que haxa un bo resultado implica moitas cousas. E eso enganchoume totalmente. E depois o retorno máis que bo da xente. Os meus sombreiros gustaban, comercializábanse e comezaba a poder vivir delo.

P. E naceu Félix de Martín.

R. Naceu, e xa vai cumprir os 20 anos. A empresa como tal naceu no 2006 como un taller de traballo, pero co paso do tempo todo fluiu de xeito natural ata o que é hoxe en día. Eu precisaba dun espazo para traballar; fixen algunhas exposicións; comezaron a chegar os clientes; os clientes demandaban un showroom; montouse unha zona de exposición no mesmo taller; abriuse ao público (aínda que nós traballamos sempre con cita previa), e de aí comezou a chegar xente que pedía formación e comezamos a programalas. Como decía foi todo moi fluido. De xente que chegaba de xeito puntual, a saír en reportaxes de revistas de moda ou programas de televisión, chegando así xente de todas partes. Foron 20 anos que case non se notaron (risas).

Algunhas das creacións de Félix de Martín.
Algunhas das creacións de Félix de Martín. | Cedidas

P. Fálame de revistas de moda e clientes nacionais e internacionais.

R. Si, pasamos dos clientes habituais -tanto para o día a día como eventos- a ter encargos chegados de todo o mundo e do ámbito escénico, un sector no que estamos actualmente moi metidos.

P. Unha vez que traspasamos as portas de Félix de Martín, que atopamos?

R. Unha extensión miña (risas). É como unha parte da miña casa chea de sombreiros. A xente soe decir que é moi acolledor e sempre causa sorpresa.

P. Como é o proceso de creación dun sombreiro?

R. O proceso depende, de entrada de se se trata dun traballo por encargo ou de facer unha peza para a venda en xeral, aínda que che confeso que hai algunhas que non quero vender (risas). No caso de facer un traballo persoal, todo comeza cunha charla co cliente, é fundamental. Tanto como tomar ben despois as medidas e facer un deseño que guste, un par de probas e, finalmente a entrega. Sobre todo, a parte máis importante é escoitar ao cliente. A persoa ten que levar o sombreiro como se non o levara. Que non leve un “apósito”. Ten que estar cómodo, sentirse ben con el.

P. Ademais de escoitar, o asesoramento tamén será moi importante.

R. Normalmente, os clientes soen vir con desinformación por exceso de información. Temos tal cantidade de detalles que fan que veñan cunha serie de desexos que a veces non son realizables ou adaptables a cada un. No taller nós escoitamos, e, a partir de aí, móbiles fóra, explicámoslles o por que unha ou outra cor, o por que do largo da ala, da copa, a forma… para que sexa o máis personalizado posible.

Sombreiros para lucir con personalidade
Sombreiros para lucir con personalidade | Cedida

P. Como é o día a día no seu atelier?

R. Nunca é igual. Cada día é un reto porque cada cliente é un mundo. E nese mundo podemos tamén xogar a empregar mil e un tipo de materiais: desde fieltro a palla trenzada pasando por plumas, madeira, metais… hai moita liberdade creativa. Hai pouco chamaron, por exemplo, para elaborar sombreiros para un musical en Madrid, despois unha noiva que quería dar un toque diferente ao seu gran día, ou chega unha reparación dun chapeu que apareceu no rocho cunha gran carga emocional porque pertencía a alguén que non está, e que, de xeito case incosciente, ese complemento te leva a imaxes que o asocian indiscutiblemente coa persoa.

P. Sobre a cabeza, é o sombreiro o que dá personalidade á persoa ou é a persoa a que personaliza o sombreiro?

R. Eu penso que hai xente que usa o sombreiro para reafirmar a súa personalidade. Non é que o sombreiro dea personalidade, é que a persoa ten suficiente personalidade como para levalo. Un sombreiro é algo que che tapa, pero tamén que che descobre. Protexe do aire, choiva, vento… pero fai que te vexa máis xente. Cada vez menos, pero a persoa que leva sombreiro é a que destaca nunha ringleira.

P. Con todo, este complemento cambia dalgún modo á persoa que o leva?

R. Posiblemente. Un sombreiro é un complemento que ten unha facultade semellante a dos traxes feitos á medida. Por exemplo, unha persoa tímida que leva un sombreiro sen estar acostumada, vaise reafirmar cando se vexa reflexado nos ollos dos demais de forma positiva.

P. A día de hoxe, cando é máis común que se empregue un sombreiro?

R. Hai un sombreiro para cada ocasión e un sombreiro para cada persoa. Agora mesmo estamos vivindo unha época moi chula porque a xente nova está perdendo ese “pudor” e esa connotación que tiña o sombreiro. Veno como un complemento de moda que é buscado e desexado. Un sombreiro feito nun atelier como o meu -ou en calquera outro con niveis de calidade- é case visto como obxeto de colección. Como un bolso “must have”. No noso caso diríache que estamos case metade e metade entre sombreiros de rúa e para eventos.

Uno de los diseños de Félix.
Uno de los diseños de Félix. | Cedida

P. Entón, hai que “perderlle o medo” a levar sombreiro?

R. Quen dixo medo! (risas). É unha cuestión de práctica. O sombreiro é o acento do que ti queres transmitir co teu estilo. Se ti queres transmitir algo co que levas posto, e non levas nada na cabeza, estás escribindo sen acentos. Moitas veces digo que o meu labor cara os clientes é acentuar, poñer os acentos no que quere transmitir coa roupa.

P. Félix de Martín pertence a Artesanía de Galicia. Un distintivo que é unha declaración de intencións en todos os sentidos.

R. Estar na Fundación Artesanía de Galicia é un agasallo. O traballo que levan a cabo desde a entidade é “para quitarse o sombreiro”. Todos os que están alí forman un equipo e gran familia que nos arroupan a todos os que somos artesáns. Loitan pola artesanía galega, por ti, sempre teñen as portas abertas, motívante, pelexan por ti… Ti saes fóra, e ven “Artesanía de Galicia” e a xente xa sabe que vai haber un nivel alto. Nós, gracias a eles, temos puntos de venda por toda Europa, traballamos con deseñadores franceses… hai toda unha rede de difusión e apoio á formación que non sería posible sen eles. Entre nós, somos a envexa doutras comunidades (risas).

P. Hai algunha das súas creacións que recorde con especial agarimo?

R. Todos levan e gardan algo. Son moitos e é complicado un. A primeira vez que nos chamaron para unha proposta escénica, por exemplo, ou unha noiva á que lle facía especial ilusión e foi o agasallo que tivo a súa nai con ela.

P. A modo de final, un sombreiro para vostede é…

R. É como ese amigo que tes de sempre, que necesitas, aínda que non o saibas. Deses cos que tardas moito en falar, pero que cando te atopas con el é como se non pasara o tempo.

Contenido patrocinado

stats