Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Os rostros de Nós
César Taboada foi o encargado de darlle unha nova imaxe a Ramón Cabanillas, apoiándose no deseño gráfico, para homenaxear a un home que revitalizou o espíritu de Galicia, desbotando tópicos. Será a próxima lámina conmemorativa que La Región adica á Xeración Nós e estará nas mans dos lectores o próximo domingo.
No seu retrato aparace unha das imaxes máis coñecidas de Cabanillas, pero dun xeito moi diferente.
A proposta é unha foto seria, de principios de século, unha fotografía que ten moitos matices e moita difusión, o Ramón Cabanillas coa súa boina ladeada. É a pose dos galeguistas daquela época, coñecín a algúns deles que con 80 ou 90 anos seguían levando a boina de medio lado. Esa pose viña a reivindicar dalgún xeito o galeguismo porque antes os homes das cidades levaban sombreiro e os do rural, unha boina. Que conste que hai moitas fotos de Cabanillas con sombreiro e un aspecto máis burgués, máis de aristócrata de cidade pero nas últimas decantouse pola boina.
Eu o que quixen foi cambiar o esquema e darlle actualidade. Estamos na época do deseño, de que todo cambia e repetir as mesmas imaxes paréceme un pouco fóra de lugar e ademais eso non vai comigo.
Pero inda que lle dea un aspecto máis moderno, a mensaxe segue a ser a mesma.
Si, indubidablemente. Esta xente o que fixo foi defender Galicia, a través de valores eternos. A Xeración Nós deu a coñecer o galego en todos os ámbitos. Naquel momento o galego solo tiña presenza no rural, ainda que na cidade tamén se falase. Eles reivindicaban a súa fala coma un dereito máis. Hoxe non podemos esquecer que o galego é o idioma máis importante da Península Ibérica, é o pai do portugués. En todalas Universidades do mundo estúdase así, se falan do portugués teñen que remitirse primeiro ao galego, que nos permite comunicarnos con toda a Lusofonía.
Que cre que diría Cabanillas se se vise no seu retrato?
Esta é unha trama feita a partir do Illustrator, como moi movida. Ten moitas posibilidades e dalgunha maneira, a través dun deseño un pouco libre do que é o icono máis recoñecible de Ramón Cabanillas, eu fago unha interpretación postmoderna, postpop. Ten unha imaxe con cores estridentes, de actualidade, que antes non se vían moito, coma o fucsia ou o turquesa ou o amarelo indio, que antes non se empregaban. Eu penso que Cabanillas quedaría sorprendido, non sei se lle gustaría ou non.
Coma mestre que é, faceta que comparte con moitos dos homes de Nós, como cre que está a nivel artístico a cidade agora mesmo.
Ourense en canto a artistas e creadores está mellor ca nunca. A aposta da Xunta a través da Consellería de Educación por potenciar unhas ensinanzas que son moi importantes no cotiá, coma toda a familia do deseño é fundamental. Ter unha escola en Ourense con estas características, cuns profesores da calidade que temos é unha gran sorte. Temos unha escola totalmente contemporánea, actual, transitable, moi ben deseñada, cos talleres e o instrumental máis modernos. Permite que Ourense se proxecte no exterior máis ca ningún outro centro. Podemos estar orgullosos, porque hai moi poucos referentes coma a nosa escola.
Esa proxección internacional é moi importante.
Foino para a Xeración Nós e tamén o é para nós agora mesmo, coma docentes. É un orgullo ter un centro dunha calidade coma a que se conseguiu na Escola de Arte de Ourense, que tamén leva polo mundo adiante o nome dun importante escultor ourensán, Antón Faílde. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas