Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Plácido Romero, de Arraianos Multimedia, presentou o traballo dirixido por Aser Álvarez, no que lle da forma en 14 minutos a "unha idea que partiu do departamento de plástica do IES de Celanova", dixo Romero. Os alumnos conseguiron conectar con Viola, o cal é considerado un importante mérito, tendo en conta que se trata dunha persoa moi esquiva.
A obra está protagonizada polos alumnos e nela narran a relación do home ca auga. Neste proceso contaron co asesoramento de Viola, que está fortemente influído por este elemento e forma parte da súa obra e mesmo confesa que "é vida" para el, a pesares de sufrir un episodio de neno no que estivo a punto de morrer afogado.
Segundo Plácido Romero, trátase "dun traballo didáctico, porque os alumnos entran en contacto cos métodos e as formas da arte contemporánea e se achegan ao espírito e o entorno do artista".
Francisco Luís Bernárdez, a importante achega da intelectualidade galega de ultramar
Francisco Luís Bernárdez naceu en Bos Aires en 1900, fillo de galegos. Xan Leira coñeceuno cando era novo na capital arxentina, alá polos anos sesenta, "cando competían os pósters dos Beatles con outro dun poema de Bernárdez. Daquela, Leira estaba alonxado do que entendía que significaba o intelectual galego; "sabía que era un poeta meloso e que, tamén, era un home moi relixioso".
Anos despois, xa en España, facendo traballos sobre o exilio "fun descubrindo ao verdadeiro Francisco Luís Bernárdez", que retornou en 1920 a Galicia e implicouse na defensa do galego e integrouse nos movementos da intelectualidade que funcionaba en Ourense naqueles momentos, como as Irmandades da Fala ou Nós. Vivía en Maside e traballaba como xornalista para La Zarpa, Faro de Vigo ou Nós; nesa época participaba nas tertulias con Risco e Otero.
A obra "está enfocada a explicar a vida dun home de dúas patrias e dúas posición ideolóxicas ben distintas", pois en Galicia defendía o galeguismo e o progresismo e dende Bos Aires chegou a aliñarse co levantamento de Franco na guerra civil, debido á defensa da Igrexa que facían os sublevados. "Luís Seoane convenceuno para que se situase no carril axeitado, sinalándolle que defender a Franco non é o mesmo que á Igrexa, xa que os franquistas mataban os seus compañeiros de Galicia".
En Arxentina, Bernárdez, formou parte do grupo Florida que se movía en torno a Borges e está situado no mesmo plano que todos os grandes da literatura latinoamericana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas