O domingo Oleiro retornou as prazas de Xinzo de Limia polo Entroido

Os habitantes de vila desfrutaron dunha mañá de lanzamento de olas que terá continuidade pola tarde

Redacción / S.P.

Publicado: 13 feb 2022 - 13:00 Actualizado: 13 feb 2022 - 17:46

Domingo Oleiro infantil no Entroido de Xinzo de Limia

O domingo Oleiro xa chegou. O son das olas a quebrar contra o chan das prazas de Xinzo de Limia foi o mellor indicativo da recuperación dun Entroido marcado durante os anos anteriores polas restriccións do coronavirus.

Nenos e maiores desfrutaron lanzando ó aire as olas feitas de barro, nesta ocasión ben menos que en anos anteriores, para desfrute do abundante xentío que visita a vila nestes días tan intenso.

Tralo aperitivo matutino, pola tarde, a partires das 17:00 horas as olas voltarán, rotando polas prazas de Xinzo de Limia.

O Entroido continúa a todo trapo: Domingo de Oleiro en Xinzo

Contenido patrocinado

stats