Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Empresa
A empresa ourensá Rodríguez López Auto foi recoñecida polo seu labor co idioma, introducindo o galego no mundo empresarial e mostrando que é posible desenvolver a súa actividade nesta lingua. Onte concedéuselle a distinción da Investidura de Galeguidade Empresarial, na que se descubriu unha placa conmemorativa. O acto serviu como homenaxe ao fundador dunha das compañías "máis punteiras" na fabricación de vehículos especiais, José Rodríguez López.
O acto estivo presidido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que lembrou ao seu "amigo" José Rodríguez. "Pepe montou a dinámica desta empresa que conta con 170 traballadores, é un orgullo para Ourense e leva o nome de Galicia por todas partes", destacou. O presidente indicou que este acto era para aquelas persoas que "queren e apostan pola nosa lingua dun xeito cordial".
Rodríguez López Auto conta xa cunha web en galego, como símbolo dunha adaptación á lingua que pasará por manuais, catálogos, contratos laborais, atención aos clientes nela, ou cartelería mutilingüe nas intalacións das que disporán no 2021, segundo explicou o seu director, Enrique Rodríguez. "Pepe amosouse encantado de que a súa empresa formase parte desta realidade que él tanto defendía, coa nosa identidade", afirmou Santalices.
Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador, destacou o labor da empresa ourensá: "É un exemplo de que se pode facer negocio e economía no idioma do país". Por outra banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recordou a José Rodríguez López e a galeguidade empresarial dunha "empresa moderna e avanzada", que se sumou á defensa do galego: "É símbolo do compromiso coa nosa identidade", sinalou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas