600.000 EUROS
Vilamarín, a punto de acabar su centro de día
XUNTANZA VILAMARÍN 2025
O Concello de Vilamarín xa ten todo listo para celebrar unha das súas citas máis agardadas do verán: a Xuntanza Vilamarín 2025, que terá lugar hoxe sábado, 30 de agosto, nas instalacións deportivas do Outeiro Maior. A partir das 16,30 horas, o espazo encherase de música, risas e actividades pensadas para toda a familia, nunha tarde que promete converterse nun auténtico punto de encontro da veciñanza.
A programación desta edición chega cargada de propostas que combinan tradición, lecer e diversión. Os máis pequenos poderán desfrutar dos inchables e xogos populares, mentres que os máis atrevidos terán a oportunidade de poñer a proba o seu equilibrio no toro mecánico. A piscina abrirá as súas portas para quen queira refrescarse, e non faltarán momentos de espontaneidade no karaoke, un clásico que cada ano saca á luz aos artistas ocultos da parroquia.
Un dos pratos fortes será, sen dúbida, a festa da escuma, que xa se converteu nunha marca propia nas festas de verán e que logra congregar a participantes de todas as idades nunha explosión de música, baile e diversión. Ademais, os asistentes poderán gozar de pinchos e música en directo, completando así unha xornada que mestura gastronomía e festa nun ambiente familiar e festivo.
Amador Vázquez, alcalde de Vilamarín, comenta que “historicamente sempre tivemos no pobo unha celebración de convivencia de nenos e maiores e tras un tempo de non facelo volvemos a recuperala. Alí temos un campamento infantil e queríamos xunta a pais e nenos nunha convivencia para clausurar as actividades de verán que foron moi completas este ano. Facémola en Outeiro Maior que é a zona onde se atopan as instalacións deportivas do concello e imos ter actividades para todas as idades: xogos populares como os que se facían fai moitos anos, festa da espuma na piscina, toro mecánico, etcétera. Remataremos cunha merenda-cea con pinchos.
A Xuntanza non é só unha celebración: é tamén unha oportunidade para fortalecer os lazos veciñais, reencontrarse coas amizades e darlle continuidade a unha tradición que cada ano gaña máis adeptos. Dende o Concello destacan o carácter aberto e inclusivo do evento, pensado para que ninguén quede fóra.
As persoas interesadas en participar puideron inscribirse na Casa do Concello. O prezo do ticket era de só 5 euros, unha achega simbólica para unha tarde que promete deixar moitas lembranzas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
600.000 EUROS
Vilamarín, a punto de acabar su centro de día
ALTERCADO EN UNA GASOLINERA
Condenado en Ourense por romper la prohibición de comunicarse con su ex: "Eres una puta, das moito asco"
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una mujer herida al ser atropellada y salir despedida varios metros en Tamallancos
Lo último
VICTORIA HISTÓRICA
El Antela hace historia y asciende a Tercera Federación (0(4)- 0(5))
CUARTO FICHAJE
El COB sube de nivel con el fichaje del base Toms Leimanis