INFRAESTRUCTURAS
Vilamartín pretende tirar el viejo Consistorio
Palabra e Memoria estuda o patrimonio documental que lle entregou un valdeorrés, Lucio Santalla Quiroga, sobre o emprego do galego no cemiterio de Córgomo (Vilamartín), pobo natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). O grupo de traballo está formado por un centenar de persoas que percorre Galicia visualizando camposantos e que xa recolleu información de case 60.000 familias.
“O optometrista Lucio Santalla Quiroga, da Fundación Florencio Delgado Gurriarán, tamén se uniu á ‘selección galega de visualización’ e con libreta, bolígrafo e teléfono, realizou un ‘paseo investigador’ polo cemiterio de Córgomo. Neste caso, o seu obxectivo era visualizar os epitafios, facer recollida dos máis chamativos e plasmar a información nun breve informe”, comentaron en Palabra e Memoria.
O estudo aínda está sin rematar, mais xa confirma que “o distanciamento entre as expresións oral e escrita redúcese cada vez máis. O conxunto da sociedade está avanzando no uso do galego escrito”, afirmaron fontes do colectivo. Engadiron que palabras como muller, home, fillos ou netos son cada vez máis no século XXI.
O galego entrou no cemiterio de Córgomo en 1983, e tivo continuidade en 1985 e ao final do século XX. “A partir do ano 2000, o ritmo de incremento está sendo cada vez maior”. Os datos de Lucio Santalla reflexan unha porcentaxe inferior á rexistrada por Noela Broz en Viana do Bolo, mais por encima da media galega do 5 %. De 118 familias, 9 deron paso e usaron o galego “con textos de alto valor literario” como: “Xamais estarei baixo terra sen o vento da liberdade”, “O teu amor fainos estar xuntos e sentir as túas apertas” ou “Quedan en nós o teu agarimo, a túa ledicia e as túas cancións”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INFRAESTRUCTURAS
Vilamartín pretende tirar el viejo Consistorio
INCENDIOS EN VALDEORRAS
Malestar por los portes de la madera quemada en Vilamartín
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador