16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
REVITALIZACIÓN DO RURAL
A Deputación de Ourense vén de anunciar o proceso de licitación das obras para rematar de acondicionar dous tramos das estradas que pasan polo Concello de Vilar de Barrio. Esta intervención ten un presuposto de 226.000 euros e é a finalización dunha petición feita polo concello á Deputación provincial fai xa 6 anos, xa que a condición das estradas que ían dende Os Milagres, Xinzo de Limia e Sarreaus ata Barrio estaban moi deterioradas.
O prazo de execución deste proxecto é de catro meses dende o momento de adxudicación da obra, e Manuel Conde, alcalde do concello, estimou que as obras estarían rematadas para finais de ano. Conde explicou que “na lexislatura pasada xa se acometeu unha parte enorme destes tramos, pero quedan os do Alto da Corga ata a ponte do AVE e a que vai dende Maus a Arnuíde”. “É importantísimo ter unhas vías de comunicación para desenvolver o rural”, explicou o alcalde, ó que engadiu “estas estradas vanas desfrutar tamén as persoas que veñan dende a meseta para ir a Ribeira Sacra, ou dende o norte de Portugal, o tramo máis curto é por aquí”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
POLINIZADORES
A serra de San Mamede florece coa lembranza
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
Lo último
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Los buitres tocan fondo
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xogar con lume e caseiros sensibles
PRIMERA FEB
Un Tizona para desconfiar