16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
46º EDICIÓN
Vilar de Barrio presumiu un ano máis a través da pataca do potencial que atesoura esta pequena vila limiá, a nivel agrícola e humano. E fíxoo cunha festa que comezou o sábado co pregón da mellor cociñeira galega de 2024, Begoña Vázquez, cun amplo programa de showcookings, obradoiros e actividades infantís, e que culminou este domingo co xantar popular con centos de persoas.
O menú, con produtos de calidade e da terra —empanada , tenreira e patacas galegas, ambas das súas Indicacións Xeográficas Protexidas, e máis bica de pataca—, maridouse con viños de D.O., cun gran ambiente nun día solleiro que encheu o pavillón municipal e O Toural.
Na inauguración participaron alcaldes da contorna, e interviron Juan Carlos García Pose, alcalde de Coristanco, vila produtora de pataca; o subdelegado do Goberno, Eladio Santos; a xerente do Inorde, Emma González; o director de Agacal, Martín Alemparte, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.
O alcalde, Manuel Conde, salientou o exalcalde Claudio Blas como responsable desta festa “con medio século”, e prometeu “seguir remando” para que a vila “teña futuro”. “O rural xa ten vida, só hai que darlle cartos”, apuntou.
A xornada incluíu o desfile “O rural e a pataca” e novas degustacións. A tarde pechouse coa foliada de pandereteiras e baile galego e coa entrega dos premios: á pataca de maior peso e as composicións de produtos do outono máis creativas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
POLINIZADORES
A serra de San Mamede florece coa lembranza
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima