CAMBIOS EN LA CIRCULACIÓN
La A-52 permanecerá cortada en sentido Madrid a la altura de O Padornelo por trabajos de asfaltado
PATRIMONIO CULTURAL
A cuadraxésima sexta edición da Festa da Pataca de Vilar de Barrio celebrarase a vindeira fin de semana, achegando á veciñanza dúas xornadas ateigadas de actividades co tubérculo como eixe central.
A praza do Toural, o Pavillón Municipal, os xardíns do Toural ou a Sala Manuel Gómez Portela son os espazos designados para acoller a ampla variedade de obradoiros, showcookings, conferencias, xogos e concertos que farán as delicias dos asistentes a unha das citas gastronómicas máis senlleiras da comarca.
A Festa da Pataca abrirá as súas portas o sábado 4 de outubro ás 12,00 horas con música tradicional e charangas, xunto cos xogos e actividades infantís para a cativada. Este ano, o pregón da festa estará a cargo de Begoña Vázquez, recoñecida como a mellor cociñeira galega de 2024 no programa “A voltas co prato”.
A xornada do sábado rematará ca “noite dos ovos fritidos con patacas e bolo preñado”
Ó longo da mañá celebraranse varios showcookings e degustacións de cociña de pataca galega, tenreira galega e mel, todo baixo o selo das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), que darán paso á actividade cultural a cargo de Alba Vales, “Contos arredor de nós”.
Á tarde celebraranse tres conferencias que atenden a outros eidos do rural, coma actividade resineira e o aproveitamento da madeira de piñeiro ou á castaña, e por suposto ó cultivo da pataca na Limia.
A xornada do sábado rematará ca “noite dos ovos fritidos con patacas e bolo preñado”, coa que os asistentes poderán encher o bandullo antes do “Pataca Rock”, que contará coa actuación de “De Ninghures”.
A segunda xornada desta festa, o domingo 5 de outubro, comezará coa recepción dos produtos de outono e a mostra de patacas, que dará paso ó desfile “O rural e a pataca”, amenizado co música. Ás 12,30 horas será o acto institucional de presentación, antes do xantar popular.
Ás 19,00 horas terá lugar a entrega de premios á Pataca de Maior Peso e a Composición de produtos de outono máis orixinal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMBIOS EN LA CIRCULACIÓN
La A-52 permanecerá cortada en sentido Madrid a la altura de O Padornelo por trabajos de asfaltado
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 19 de junio
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”