16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
MEMORIA DEMOCRÁTICA
O Concello de Vilar de Barrio continúa a desenvolver o seu labor a prol da recuperación da memoria democrática da vila, con actos que teñen por obxectivo non esquecer o pasado recente ao tempo que se lembra ás vítimas da represión franquista da comarca da Limia.
Nesa liña, este sábado desveláronse no adro da igrexa de San Pedro das Maus as placas provisionais en homenaxe e recordo a Cándido Fernández García e Cándido Gándara González, tenente de alcalde socialista en Xinzo e concelleiro e directivo da Sociedade Agraria de Sandiás, respectivamente.
Dous políticos republicanos soterrados no camposanto tras ser asasinados o 10 de agosto de 1936 preto de alí, na “curva do Barreiro”, na estrada entre Barrio e o Santuario dos Milagres, despois de ter sido detidos e levados ao cuartel da Falanxe de Xinzo.
O alcalde de Barrio, Manuel Conde, salientou o “compromiso necesario” do seu Concello coa memoria, e agradeceu aos presentes, entre eles veciños, concelleiros de Xinzo e Sandiás, e membros do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, pola súa presenza.
A xornada continou na sala D. Manuel Gómez Portela do Concello con dous relatorios. O médico antropológo e forense Fernando Serrulla, do Instituto de Medicina Legal de Galicia, repasou as actuacións no Valle de Cuelgamuros e do II Plan Cuatrienal de Exhumacións en Galicia, mentres que Xulio Prada, catedrático de Historia Contemporánea da UVigo, puxo en contexto o movemento agrarista na Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
16 DE SEPTIEMBRE
La exposición “Fauna esencial” llega a Vilar de Barrio este mes
POLINIZADORES
A serra de San Mamede florece coa lembranza
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
O PP propón facer unha xestora en Vilar de Barrio
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima