O II Certame Antón Tovar anuncia o seu gañador
Literatura
“Voar” foi a obra elixida, e o seu autor, Daniel Rivero, é un limiao de 18 anos
O Museo da Limia acollerá este sábado o acto de entrega do galardón do II certame literario Antón Tovar, organizado polo Padroado do Museo da Limia, e no que se aproveitará para reivindicar a figura do autor da Pereira como candidato ó Día das Letras Galegas do ano que vén.
O gañador desta edición é un estudante limiao, que co seu poema “Voar” reflexa as inquedanzas adolescentes a través de elementos naturais da comarca, coma as cegoñas e a lagoa. Daniel Rivero ten 18 anos é natural de Morgade, no concello de Xinzo, e de Bobadela, en Xunqueira de Ambía. A súa profesora de galego o animou sempre a escribir, e cando lle propuxo presentarse fíxoo sen pensalo moito. “Díxenllo a ela, que o mandara pero que non esperaba nada”, apunta Daniel.
O autor escribiu o poema en febreiro deste ano, antes de pensar sequera en presentarse ó certame, e nace “desa sensación de cando tes un día malo e dis que teñes ganas de marchar de aquí”, aclarou. “A perspectiva de calquera adolescente que leva toda a vida no mesmo sitio e ten ganas de voar, literalmente”.
Cando decidiu participar, leu a Tovar, e deuse de conta que o seu poema “estaba en sintonía ca obra do autor”, e por iso decidiu presentar este poema. “É un orgullo gañar algo na terra, na Limia”, dixo.
“Escribín toda a vida, pero cara ós 15 anos empecei a buscar o xeito no que me gusta escribir e como o quería facer”, que segundo comenta sempre se viu escribindo narrativa. “Gústame moito ler, e agora que rematei bacharelato e teño tempo, quero ler algo de todo”, apunta, “quero ler máis autores galegos, especialmente Xela Arias que me gusta moito”.
Daniel coida estudar o ano que ven xornalismo, “oxalá poder dedicarme a isto profesionalmente. Eu continuarei escribindo porque é algo que me gusta moito e gustaríame que fose o meu traballo”.
Dende o Padroado do Museo da Limia están reivindicando que se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2026 ó autor limiao, que vén sendo unha proposta popular nos últimos anos. “É algo necesario. É un autor moi importante e representativo da literatura da súa época”, dixo Daniel, e fixo fincapé en que “debemos darlle un recoñecemento a súa figura”.
Entrega de Premios
O evento comezará as 19,00 horas, e contará co acompañamento musical do grupo Trovare, ademais da lectura de poemas de Tovar por parte dos cativos do CEIP Carlos Cid Arregui, de Rairiz de Veiga. Tamén se porá en valor a figura do autor da Pereira e lerase a proposta para que se lle dedique o Día das Letras Galegas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
MANUEL FERRADÁS
Ferradás: una estirpe a golpe de cuchillo en O Carballiño
INVCITOS COMO LOCAL
Atlético Arnoia a seguir fuertes en casa ante el Pontevedra B