Rubén Colmenero, exalcalde de Vilar do Santos: “Non houbo presión para que renunciase, pero si actos que axudaron”

MOTIVOS PERSOAIS

Falamos con Rubén Colmenero Ferreiro (1985), ex-alcalde de Vilar de Santos tras renunciar por motivos persoais. Foron apenas seis meses os que Colmenero ocupou o cargo, dende o 22 de febreiro de 2025 ata o 27 de outubro, data na que rexistrou a súa renuncia.

Rubén Colmenero, ex alcalde de Vilar de Santos polo BNG.
Rubén Colmenero, ex alcalde de Vilar de Santos polo BNG. | Lucía Otero

Tras unha vida ligado ao Bloque Nacionalista Galego, mesmo abandonou as filas do partido tras deixar o cargo. Pode que o camiño político de Colmenero chegase a un punto e agora é cuestión de saber si será a parte ou seguido. O que non abandonou foron os seus ideais, galeguismo e compromiso social, cuestións que guían os seguintes pasos da súa andaina.

Pregunta. Como te atopas Rubén?

Respuesta. Hoxe xa recuperado a tódolos niveis, tanto emocional como persoal logo de facer as reflexións necesarias.

P. Pasaron xa máis de oito meses dende a túa renuncia

R. Foron varios os motivos que me levaron a tomar esa decisión. De maneira individual, non tiñan unha gran relevancia á hora de ser capaz de respostar as responsabilidades que da un cargo como a alcaldía, pero si é verdade que todos xuntos crearon unha incapacidade para afrontar eses labores diarios tan importantes.

P. A que dedicaches o tempo?

R. A raíz destes problemas tiven que botar man de profesionais para ser capaz de responder a estas necesidades, pero ao mesmo tempo involucreime nun proxecto que se chama asociación Integra da Limia, dedicado á integración do colectivo de nenos con necesidades especiais. Pero non me afastei da vida política. Agora xa me noto con máis ganas e ilusión, gustoume dende sempre malia que si que é certo que modifiquei os meus plantexamentos ideolóxicos. Logo de velo dende dentro, decateime de que non todo se pode facer como un quere e como a teoría manda.

P. Que te levas desa etapa?

R. Sempre estiven militando en asociacións críticas coa sociedade e ata agora pensaba que a ferramenta política que me ía impulsar era o BNG. Evidentemente un nunca pode facer todo o que quere, pero si estou un pouco triste porque pensaba que ía ter un maior respaldo por parte do partido. Logo desta experiencia, un ve a realidade da política, na que a teoría está moi ben pero a práctica é totalmente diferente. Non houbo presións directas para que renunciase, pero si houbo xeitos de actuar que me levaron a decidilo.

P. Dende a túa renuncia, outros compañeiros abandonaron

R. A verdade é que para min foi unha sorpresa que a outra compañeira o anunciara. É sorprendente que nunha lexislatura tan curta nos vaiamos un alcalde e unha concelleira.

P. Dis ter mudado a túa visión política, pero as preocupacións son as mesmas que cando asumiches o cargo

R. A miña forma de entender a vida mudou nas partes que se puido pero hai outras que son inamovibles. O galego e a nosa cultura vai por encima de todo, e doutra banda os servizos e o progreso social. Pero eu coido que todo o mundo está a favor disto.

R. Agora ben, as ferramentas que se empregan para acadalo eu pensaba que eran unhas e igual son outras, porque por onde eu ía ata fai non moito vexo que hai que responder a unhas marxes que eu non estaba disposto. O importante é chegar a este fin, dar resposta ás necesidades da sociedade.

P. Xa non estás na política, porén segues con ganas de ter impacto na vida social

R. Claro, como non. Fun capaz de tomar a decisión de ser alcalde e esa vontade non desaparece dun día para outro. Eu quero dar resposta ás necesidades que aparecen xa non só en Vilar de Santos, senón en todo o rural galego. O que precisamos é que as persoas que queiran seguir ou vir ao rural teñan servizos, vivenda, traballo e ocio integrado coa natureza, a cultura e noso pasado. Coido que é a meta para todos os que nos gusta a política do rural.

P. Queres volver á política?

R. Pois a verdade é que si teño ganas, non para xa, pero si coido volver. Esta experiencia foi moi enriquecedora porén dura a nivel persoal. Axudoume a quitar conclusións e decatarme de que é o verdadeiramente importante, pois moitas veces pómonos metas demasiado a longo prazo e baseadas nesas teorías ideolóxicas que non é factible cumprilas.

P. Dis metas a longo prazo, entendo que quedaron algunhas no tinteiro

R. Hai moitos proxectos planificados, encamiñados e que hoxe xa se están rematando logo de iniciarse nesa etapa na que eu era alcalde. Pero si me queda unha espina respecto a propostas a nivel social e integración que non chegaron a cumprirse. Inda recentemente se propuxeron actividades ás que se dixo que non por non ser “relevantes agora”.

Contenido patrocinado

stats