A veciñanza de Veigas de Camba revive a súa memoria asolagada
ENCORO DAS PORTAS
Os veciños de Veigas de Camba (Vilariño de Conso,) abandonaron en 1974 a aldea que, pouco despois, quedou asolagada polo encoro das Portas, e que centrou unha xornada do Consello da Cultura Galega
O asolagamento de Veigas de Camba, en Vilariño de Conso, foi o eixe temático de “A memoria asolagada: Veigas de Camba e a Lama no encoro das Portas”, unha xornada organizada pola sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega e coordinada pola arqueóloga Nieves Amado, que se celebrou o domingo.
Pola mañá tivo lugar unha visita pola Serra Seca que culminou na Venda da Capela, onde a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, inaugurou un panel que sinala a situación da aldea desaparecida e ofrece información sobre a súa historia e relación co encoro.
Nos relatorios da tarde, na Casa da Viúva da Gudiña, José María Pérez destacou as características técnicas do encoro das Portas, o segundo máis grande de Galicia. De seguido, Nieves Amado abordou o patrimonio cultural e elementos asolagados, e as construcións nas que viviron os 4.000 traballadores que construíron o encoro.
Por último, Fernando Serrulla abordou o proceso xudicial da veciñanza, e explicou que “foron expropiados e perderon a propiedade do monte, converténdose nunha trampa para eles”.
A xornada concluíu cos testemuños, experiencias e recordos dos veciños das comunidades desprazadas pola construción do encoro. Lembraron a vida no lugar, como refixeron as súas vidas e como se continúan a xuntar na Venda da Capela, onde se ergueu unha ermida na que celebrar cada 7 de setembro o seu patrón: o San Martiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AFECTA A LA SEGURIDAD
Madres de Fradelo reclaman recuperar el autobús escolar
EXCURSIÓN ESCOLAR
Aprendizaxe vivo no Bibei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín