MINERÍA EN OURENSE
Eurobattery afronta las dudas en torno al futuro de su CEO
"MEMORIA ASOLAGADA"
O encoro das Portas, o máis alto do país, con 141 metros, e o segundo máis grande en capacidade tralo de Belesar, foi un dos últimos da ditadura franquista.
Construído entre 1973 e 1974 por máis de 4.000 traballadores, a súa posta en marcha asolagou 1183 ha, e con elas a aldea de Veigas de Camba (Vilariño de Conso), cubrindo coa agua a súa memoria, o patrimonio e o territorio do val do río Camba, que abrangue parte dos concellos de Castrelo do Val, Vilariño de Conso, Viana do Bolo e A Gudiña.
Os últimos veciños deixaron a aldea en febreiro de 1974, pero a súa ligazón coa terra fai que cada 7 de setembro sigan celebrando cunha romaría o día do patrón, San Martiño, na Venda da Capela, na Serra Seca.
Coincidindo coa romaría deste ano e co fin de dar a coñecer esta historia, o Consello da Cultura Galega organiza este domingo, 7 de setembro, a xornada “A memoria asolagada: Veigas de Camba e A Lama no encoro das Portas”, cunha visita guiada, relatorios e unha mesa redonda.
A visita guiada pola Serra Seca partirá ás 11,00 horas do hotel Bruma, na Gudiña, e dará a coñecer as paisaxes, o encoro das Portas e a localización asolagada da aldea de Veigas de Camba.
Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, inaugurará un panel informativo que se colocará na Serra Seca, coa situación precisa e información xeral de Veigas de Camba dentro do encoro das Portas. O roteiro chegará ao mediodía á romaría.
Xa pola tarde, haberá tres relatorios: “O encoro das Portas: a auga que asolagou Veigas de Camba para producir electricidade”, por José María López; “O patrimonio cultural asolagado no encoro das Portas”, por Nieves Amado, e “Apuntes sobre o proceso xudicial de Veigas de Camba e algunhas propostas para o futuro”, por Fernando Serrulla.
A xornada rematará cunha mesa da memoria con veciños, moderada por Carlos Xabier Ares.
A inscrición é gratuíta e está dispoñible na web do Consello (consellodacultura.gal), pero só hai 45 prazas e cubriranse por orde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MINERÍA EN OURENSE
Eurobattery afronta las dudas en torno al futuro de su CEO
ESTAFA DE 3,46 MILLONES
Así fue la estafa por la que condenaron al promotor de la mina de A Gudiña y a su socio alemán
Lo último
ASESINATO DE EDWIN ARRIETA
La Justicia tailandesa rechaza los recursos de Daniel Sancho y mantiene su condena a cadena perpetua