As olimpíadas rurais unen en Xinzo diversión e xogos populares
TRADICIÓN E APRENDIZAXE
Este evento de convivencia cumpre este ano a súa IV edición en Xinzo con cambio de ubicación
O campo de fútbol da Moreira de Xinzo volverá acoller este sábado, 5 de xullo, as IV Olimpíadas Rurais Interpobos, tras varias edicións na Alameda do Toural.
Esta xornada sociodeportiva aposta dende a súa creación pola competición por equipos mixtos, con integrantes de tódalas idades, que dirimirán o seu talento e habilidades en diversos xogos tradicionais galegos tales como a chave, o brilé, o lanzamento de sacho ou a loita galega.
En total poderán apuntarse ata 16 equipos, con nombres retranqueiros, de entre 6 e 16 deportistas. Os membros deberán ademais facer gala de toda a súa creatividade e orixinalidade nos seus equipamentos, co fin de distinguirse.
Organiza de novo o colectivo RAS (Recuperación de Aprendizaxe e Saberes), coa colaboración do Concello e do CDR O Viso, e anima a todo o mundo a “participar e convivir grupos o máis heteroxéneos posibles”.
A xornada arrancará ás 11,00 horas, e tódolos equipos xantarán xuntos nunhas olimpíadas que teñen previsto rematar sobre as 20,00.
Inscricións
Dende a organización anímase a tódolos interesados a apuntarse nos teléfonos 681 138 379 e 603 784 448, ou nas redes sociais (@ras_xinzo). O custo por participante é de 2 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
POLÉMICA FIESTA
Sortean entradas para el tardeo en el jardín de As Burgas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Zapatero y la moral socialista