“Coma un can”, o novo sinxelo de Kid Mount
Neoperreo
O novo título do artista limao forma parte do seu novo EP “NeoAmor”, que estreará proximamente
Kid Mount, tamén coñecido como “o neno do monte”, é un artista de Xinzo de Limia que reside en Santiago de Compostela. É un artista que procura reivindicar unha estética urbana en galego con identidade propia e en constante cambio. Vén de lanzar o seu último sinxelo, “Coma un can”, que forma parte do seu novo EP “NeoAmor”, que estreará proximamente.
Nesta canción de “neoperreo” en galego, o artista limiao aposta pola desinhibición, o desexo e a liberdade. O artista mergúllase nun universo onde o amor deixa de ser idealización para converterse en instinto, nunha exaltación da entrega sen medida, da liberdade sen filtros e do pracer sen culpa.
O videoclip, filmado nas rúas de Santiago de Compostela, mostra ó artista percorrendo a cidade “coma un can”. É un relato visual con estética crúa e nostálxica, evocando á linguaxe visual dos vídeos da escena urbana noventeira. É unha idea orixinal de Vera Moreno, Jairo Moreno e Inma Veiga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último