O Esquecemento solidarizouse cos afectados pola vaga de incendios
Donativo
“Estamos moi agradecidos con tódalas persoas que se achegaron a facer unha doación”, explicou Marcos Argibay, presidente da Civitas Limicorum.
A Festa do Esquecemento anunciou antes da celebración que doaría integramente a recadación do posto de merchandising ó Concello de Cualedro, que se viu especialmente afectado pola vaga de incendios que arrasou a provincia ó longo deste mes.
A Asociación Cultural Civitas Limicorum, organizadora da Festa do Esquecemento, fixo pública a transferencia feita esta semana ó Concello de Cualedro. “Un xesto colectivo que converterá cada recordo da festa nun apoio real ás zonas da Limia e da provincia de Ourense que sufriron con dureza a vaga de incendios”, comunicaron dende a asociación, confirmando o donativo de máis de 1.000 euros para paliar os efectos dos incendios.
A XXV Festa do Esquecemento “demostrou que é algo máis ca unha recreación histórica: é tamén unha expresión de solidariedade e compromiso coa nosa terra”, comunicaron polas súas redes sociais, facendo fincapé en que “Este 25 aniversario quedará tamén gravado como o máis solidario da nosa historia. Porque celebrar é tamén axudar, e porque a forza do Esquecemento nace da unión da súa xente”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
MÉDICOS E INVESTIGADORES
Ourense descifra su longevidad en el Foro La Región