AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
EDAD MEDIA
A tarde deste sábado Xinzo de Limia converteuse nunha liña do tempo viva, coa celebración do gran desfile da Asemblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH). Máis de 200 persoas procedentes de diferentes puntos do Estado desfilaron ataviadas con indumentarias representativas de tódalas épocas históricas, desde a Idade do Bronce, pasando polo mundo romano, a Idade Media, o Renacemento, ou o Barroco, ata chegar á época contemporánea.
O desfile arrancou ás 20,00 horas, tras esperar ata o último momento o cesamento da choiva, desde o Mugae (Museo Galego do Entroido) e percorreu as rúas centrais de Xinzo ata a estación de autobuses, ofrecendo ao público unha espectacular mostra de diversidade histórica, rigor na recreación e paixón polo patrimonio.
Este acto converteuse nun dos momentos máis simbólicos da fin de semana, servindo como escaparate do traballo que realizan as festas históricas de todo o país e como celebración compartida das raíces culturais que unen territorios e xeracións.
A organización corre a cargo da A.C. Civitas Limicorum e da AEFRH, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia e da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia. O evento celébrase coincidindo co 25º aniversario tanto da entidade anfitrioa como da propia asociación estatal. Xinzo vive así unha fin de semana histórica en todos os sentidos: con hoteis ao completo, rúas cheas de vida e un ambiente que demostra que a historia, cando se vive con paixón e respecto, segue máis viva ca nunca.
As 40 delegacións españolas asistiron o venres a unha recepción na Casa do Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
FIESTAS POPULARES
Xinzo retrasará actuaciones por la final del Mundial
COLABORACIÓN FUNDAMENTAL
Xinzo colaborou con “Un alento de vida” no verán
Lo último