O IES Cidade de Antioquía da a coñecer a súa oferta
Visita formativa
Os participantes puideron coñecer a oferta formativa do centro limiao, as saídas profesionais da mesma e as instalacións cas que conta o centro
O IES Cidade de Antioquía recibiu esta semana a visita dos participantes do Programa de Emprego Xuvenil Manco Xove VII, promovido dende a Mancomunidade de concellos da comarca de Ourense que ten sede en Paderne de Allariz.
Os participantes puideron coñecer a oferta formativa do centro limiao, as saídas profesionais da mesma e as instalacións cas que conta o centro.
Estes alumnos están cursando un certificado de profesionalidade de nivel 2, “Conservación e mellora de montes”, cunha duración de 12 meses. Esta formación pode relacionarse ca oferta que ten o centro, que conta dende hai anos cunha proposta dual de ciclo medio de “Aproveitamento e conservación do medio natural” e ciclo superior “Xestión forestal e do medio natural”. Este ciclo superior ten moita demanda e tódolos anos adoita ter lista de agarda para a matrícula.
O centro tamén ten unha oferta dual intensiva, nas que están os ciclos medios de “Produción Agropecuaria” e “Xardinería e floraría”, ademais do ciclo superior de “Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal”. Esta oferta intensiva ofrece ós alumnos prácticas remuneradas en empresa, tanto en primeiro coma en segundo curso.
No 2020 comezaron estas modalidades, buscando ofrecer formación que dese resposta ás demandas do sector agropecuario na comarca da Limia, e da provincia, xa que non se imparten en ningún outro centro da mesma.
Os alumnos do programa de emprego xuvenil puideron ver o resultado das prácticas do curso, ademais de realizar actividades como trepa e manexo do simulador de autocargadora.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos