A obra da N-525 en Xinzo de Limia encara a seguinte fase
ACCIÓNS DE HUMANIZACIÓN
Conta cun prazo de execución de 12 meses e cun orzamento superior aos catro millóns de euros
A Corporación Municipal do Concello de Xinzo recibiu onte pola mañá ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, ao carón da Nacional 525, para supervisar o avance das obras de humanización ao seu paso pola vila. Contan cun prazo de execución de 12 meses e cun orzamento superior aos catro millóns de euros, achegados polo Ministerio de Transportes mediante fondos NextGenerationEU.
Na visita prestouse atención a un dos tramos en execución nesta primeira fase, que atende as avenidas de Ourense e Madrid que contarán con beirarrúas máis anchas, itinerarios peonís e ciclistas, mellora de interseccións con pasos seguros e novas rotondas, renovación e soterramento de servizos, novo alumeado e zonas verdes.
O alcalde, Amador Díaz, apuntou que a obra “estase a executar en coordinación co Concello para compatibilizar os traballos coa vida da vila”. Ramón Gómez, concelleiro de obras, explicou que “a obra transcorre con moita axilidade e implicación, mirando sempre polos intereses dos veciños”.
O subdelegado do Goberno explicou que estes traballos son “exemplo da gran transformación da mobilidade”, ao que a voceira socialista, Elvira Lama, engadiu que esta obra é “transformadora dende o punto de vista urbanístico, da mobilidade e sostibilidade”, facendo fincapé en que “paga a pena estar a fronte dun goberno municipal cando se conseguen cousas así”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Música tradicional
El sonido de la gaita conquistó las calles de Xinzo de Limia
INFRAESTRUCTURAS
Xinzo estrena nueva travesía con carril bici y zonas verdes
AGENDA COMPLETA
Xinzo vive el último día de las Fiestas de Santa Mariña
Lo último
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana