DESCUBREN UN ARSENAL DE DROGAS
El narcofuncionario de Xinzo: de empleado público a acumular peticiones de más de 24 años de cárcel por su vida criminal
PLATAFORMAS VECIÑAIS
A plataforma veciñal “Auga Limpa Xa”, que reúne a veciñanza das comarcas da Limia e doutras lindeiras como Celanova e Allariz-Maceda, xunto con colectivos ecoloxistas, celebrou o sábado na Casa da Cultura de Xinzo de Limia unha palestra.
Esta mesa redonda xirou arredor da recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), que castiga a inacción da Xunta e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola contaminación no encoro das Conchas.
O fallo do TSXG, a raíz dunha demanda por vulneración de dereitos fundamentais, obrígaas a establecer medidas para reparar o dano producido pola contaminación, se ben ambas administracións anunciaron a semana pasada que recurrirán a sentenza.
Interviron Pablo Álvarez (voceiro das veciñas das Conchas, en Lobeira), Serafín González (presidente da Sociedade Galega de Historia Natural), Manuel García (voceiro do Movemento Ecoloxista da Limia) e Manuela Freixo (voceira de Auga Limpa Xa).
Álvarez explicou que a sentenza “aínda non é firme. Teñen até o 11 de agosto para presentar os seus escritos. E veremos cal é o percorrido, pero estamos dispostos a pasar polo Constitucional e chegar até a xustiza europea”.
O voceiro advertiu asimesmo que as veciñas de Lobeira presentaron esta demanda “non só polas afeccións que sufrimos directamente nas Conchas”, tamén polo que acontece augas arriba na Limia, onde “a maioría dos pozos están contaminados e existe un serio problema cos nitritos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESCUBREN UN ARSENAL DE DROGAS
El narcofuncionario de Xinzo: de empleado público a acumular peticiones de más de 24 años de cárcel por su vida criminal
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
Lo último
MEDIO SIGLO DE LA EGB
Los alumnos del colegio Sueiro de Ourense repiten la foto de clase 50 años después
Guerra en Ucrania
Los ataques de Ucrania causan ya falta de combustible en Rusia