Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
SISTEMAS AUMENTATIVOS
O colexio Rosalía de Castro convértese en pioneiro na provincia ao instalar pictogramas nas súas dependencias, parques infantís e pasos de peóns de Xinzo de Limia para garantir a inclusión e mellorar a autonomía do alumnado con dificultades de comunicación
O colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia vén de desenvolver unha iniciativa para facilitar a comunicación do alumnado usuario de sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, permitindo que poida participar activamente nos xogos, actividades e interaccións sociais.
Este proxecto consistiu na incorporación de pictogramas nos espazos do centro. “A sinalización visual das dependencias permitiu mellorar a orientación, a autonomía e a comprensión do funcionamento do centro”, aclaran. A iniciativa chegou tamén aos servizos máis representativos da vila grazas á colaboración da administriación local. Ademais, colocáronse pictogramas nos parques infantís das distintas localidades de procedencia do alumnado. O centro promoveu tamén a adaptación dos pasos de peóns mediante a incorporación dos pictogramas, o que converteu ao centro nun dos pioneiros da provincia.
O profesorado reforzou a súa formación en Comunicación Aumentativa e Alternativa (CAA) e Linguaxe Natural Asistida (LNA), o que os levou a elaborar paneis de comunicación para o patio de Educación Infantil, o patio de Educación Primaria e o ximnasio, pensados para apoiar o alumnado con dificultades para expresarse oralmente, que aínda non domina a lingua, con trastornos da comunicación ou da linguaxe e, en xeral, calquera que precise apoio visual para comunicarse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga