Ponte de Lima viviu xunto aos limiaos o seu 900 aniversario
CARTA FORAL
O acto do 900 aniversario de Ponte de Lima contou coa presenza de autoridades de ámbito local e nacional, tanto galegas coma portuguesas
Ponte de Lima, a vila recoñecida como a máis antiga de Portugal, celebrou o acto de clausura do 900 aniversario da carta foral concedida en 1125 pola raíña Dona Teresa de León, un evento que puxo o broche final a un ano de conmemoracións na procura de reforzar a identidade histórica e cultural da vila do Limia.
A efeméride contou coa presencia de numerosas autoridades galegas -alén das portuguesas-. Os representantes dos galegos convidados pola organización estiveron encabezados polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, quen estivo acompañado polo concelleiro de relacións institucionais de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, quen destacou a importancia da cita para “reforzar lazos históricos e culturais entre ámbalas beiras do Limia”, certificados polo irmandamento entre ambas vilas firmado hai preto de cincuenta anos.
A estas autoridades galegas súmanse o presidente da Cámara Municipal de Ponte de Limia, Vasco Ferraz; o presidente da Asamblea Municipal, João Mimoso de Morais; e outras autoridades nacionais, como o ministro de Defensa de Portugal, Nuno Melo, quen destacou a relevancia institucional da cita. O acto non so valeu para recordar o momento fundacional, senón tamén para “proxectar cara o futuro unha vila que, nove séculos despois, continúa sendo un referente no norte de Portugal”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SISTEMAS AUMENTATIVOS
Os pictogramas guían ós cativos do colexio Rosalía
CIVITAS LIMICORUM
Xinzo de Limia revivió su herencia romana encendiendo el fuego sagrado
"AULAS SEN FUME"
Os cativos de Xinzo de Limia, contra o fume
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín