RECUPERAR CANDIDATURAS
O PSdeG reúnese na Limia para cimentar un novo proxecto e preparar as eleccións
RECUPERAR CANDIDATURAS
O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue coa rolda de reunións comarcais, escoitando aos cargos orgánicos do partido e coa vista posta nas eleccións municipais do 2027. Desta vez representantes da Executiva Provincial mantiveron un encontro na comarca da Limia. Nel, participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. Tamén estiveron presentes representantes dos municipios de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga ou Vilar de Barrio.
O partido socialista de Ourense explica que coas reunións “buscamos reactivar as agrupacións municipais de cara aos comicios electorais que se celebrarán en maio de 2027 e dos que sairán os novos gobernos municipais”, apuntando que “estamos traballando concello a concello e comarca a comarca cun obxectivo claro e marcado que é desenvolver o proxecto socialista sobre o territorio, cuns parámetros claros, concisos e concretos, e con ideas e accións que nos permitan achegarnos de primeira man e conectar coa veciñanza”. Neste senso salientan que “levamos meses traballando na confección das mellores candidaturas en cada concello e escoitando as necesidades dos municipios para levar a cabo as iniciativas que os permitan espertar do letargo no que os sumiron os gobernos municipais do PP”.
Así, poñen de manifesto que a provincia “precisa dun cambio real, que remate con anos de políticas clientelares e caciquís e que impulse un proxecto para un desenvolvemento real de cada comarca e concello”, recalcando que o cambio “só será posible da man do PSOE, o partido que impulsou o Plan Cooperou na Deputación, que permite un reparto de fondos públicos xusto e equitativo entre os diferentes concellos e ao que o PP se negou durante décadas, apostando por repartos a dedo entre concellos afíns e castigando ao resto”.
A Executiva provincial está traballando xa na confección das candidaturas na comarca da Limia, procurando candidatos e candidatas naqueles concellos que non contan con representación socialista, sinalando que A Limia “debe contar co maios número de alcaldías socialistas, que revitalicen a comarca e permitan aos municipios avanzar”. Así, apuntan que a comarca “é clave para lograr un cambio real na Deputación, que remate coas políticas de desleixo e abandono do Partido Popular”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECUPERAR CANDIDATURAS
O PSdeG reúnese na Limia para cimentar un novo proxecto e preparar as eleccións