O punto de cruz está “de moda” en Xinzo de Limia
COMBATIR A SOIDADE
O Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia combate a soidade a través dun grupo de punto de cruz
O Centro Sociocomunitario de Xinzo da Limia acolle cada mércores, dende hai xa unhas semanas, a un grupo de sete persoas que comparten moito máis que proxectos de costura. “Puntadas da Limia” é un espazo de encontro e conexión a través do punto de cruz.
Neste espazo, que ten lugar dende as 16,30 ata as 18,00 horas tódalas semanas, estas sete persoas non só bordan as súas creacións, senón tamén conversas e momentos compartidos. As obras danas a coñecer nas súas redes sociais, a través das cales comparten a súa historia.
A iniciativa está aberta a tódolos públicos e “non fai falta saber moito, só ter gañas de crear, aprender e gozar”, apuntan dende as súas redes. Este grupo naceu grazas a motivación de facer do punto de cruz un fío condutor para romper ca soidade non desexada e sentirse parte dun proxecto común.
Esta actividade forma parte do programa Capacidade Inclusiva Rural-Activa, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, para a implantación de programas de interese social.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CRISIS MIGRATORIA
La Eurocámara define como invasión la entrada en Ceuta
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI